Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 13 de agosto de 2001 Páx. 10.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Bueu.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de saneamento e abastecemento nos accesos á praia de Portomaior. Prazo tres meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo licitación: 10.500.000 pesetas (63.106,27 euros), IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías: non se esixe. Definitiva: 420.000 pesetas.

6. Obtención da información e documentación: Concello de Bueu. Eduardo Vicenti, 9, Bueu (Pontevedra). Teléfono: 986 39 00 29. Telefax: 986 32 20 99.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no pregos de condicións administrativas. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Bueu, durante os vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP), de 8 ás 14 h, de luns a venres e de 9.30 h a 13 h ós sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 11 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados de «Documentación xeral» de «Documentación específica» para o concurso coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 11 dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: ás trece horas do sexto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncio: por conta do adxudicatario.

Bueu, 26 de xuño de 2001.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde-presidente