Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 13 de agosto de 2001 Páx. 10.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

ANUNCIO.

A Alcaldía, por Resolución do 2 de agosto, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da primeira fase do parque empresarial de Arbo, redactado polo arquitecto José E. Pérez-Arda Criado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Arbo, 2 de agosto de 2001.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde