Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 13 de agosto de 2001 Páx. 10.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMOEIRO

ANUNCIO do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Amoeiro (PXOM).

Elaborado polo gabinete de arquitectura XDF, S.L. o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Amoeiro e sometido a coñecemento do pleno do concello, en sesión do 14 de xuño de 2001, de conformidade co disposto no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo de corenta e cinco días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as entidades e particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que estimen procedentes.

Durante o período de información pública pódese consulta-la documentación exposta na casa do Concello de Amoeiro, de 9 a 14 horas, en días laborables.

Amoeiro, 26 de xuño de 2001.

Manuel Fernández Rincón

Alcalde