Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 13 de agosto de 2001 Páx. 10.919

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 184/2001, do 26 de xullo, polo que se acepta a cesión a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia dunha parcela, no termo municipal de Cambados (Pontevedra), para a construcción dun edificio para os xulgados de Cambados.

O Pleno da Corporación municipal do Concello de Cambados, reunido en sesión do día 26 de febreiro de 1999, acordou ceder á Comunidade Autónoma de Galicia unha parcela de 474,87 m de superficie, no termo municipal de Cambados (Pontevedra), para a construcción dun edificio para os xulgados de Cambados.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Cambados acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vinteseis de xullo de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta dunha parcela de 474,87 m de superficie, situada no termo municipal de Cambados (Pontevedra), que a seguir se describe:

Urbana: soar sito en Terra Santa, parroquia e municipio de Cambados, de 474,87 m2. Linda: norte, zona verde que separa a rúa de nova apertura, rúa A, e Ramón Santiso coa parcela 2); sur, Luis Carro Trigo; leste, rúa Pardo Bazán; e oeste, Núñez Reboredo, S.A., coa parcela 3).

Inscrita a favor do Concello de Cambados no tomo 990, libro 107 de Cambados, folio 193, predio nº 11.306, inscrición 1ª.

Artigo 2º

A parcela cedida destinarase á construcción dun edificio para os xulgados en Cambados.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e a inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, vinteseis de xullo de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda