Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 13 de agosto de 2001 Páx. 10.892

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 183/2001, do 19 de xullo, polo que se establece o currículo do grao superior das ensinanzas de música e o acceso ó dito grao.

O desenvolvemento normativo das ensinanzas de réxime especial de música previstas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, iniciouse para o grao superior coa aprobación do Real decreto 617/1995, do 21 de abril, polo que se determinan os aspectos básicos do seu currículo e se regula a proba de acceso a estes estudios, establecéndose e organizándose, ademais das materias específicas de cada especialidade, outras baseadas na profundización en contidos teórico-humanísticos que, lonxe de supor unha mera complementariedade, imprimen a este tramo final dos estudios un verdadeiro carácter de ensinanza superior, que terá que completarse con aqueloutras materias polas que o propio alumno opte ó longo dos seus estudios. Esta norma básica estatal habilita as comunidades autónomas para que, no ámbito das súas competencias, dicten as disposicións precisas para o seu desenvolvemento e aplicación.

Este decreto regula o currículo das especialidades establecidas no Real decreto 617/1995, do 21 de abril, determinando para todas elas a carga lectiva global. Do mesmo xeito regúlanse os límites de permanencia, os criterios de promoción e o procedemento de avaliación dos diferentes cursos, e establécense as directrices a partir das cales os centros deberán desenvolve-la realización do concerto ou traballo final de carreira, especialmente significativo ó remate deste grao, por canto a súa superación da dereito á obtención do título superior de música, equivalente, para tódolos efectos, ó de licenciado universitario, segundo determina o artigo 42.3º da Lei orgánica 1/1990.

Así mesmo, este decreto establece as disposicións referentes á proba de acceso ó grao superior, así como a adxudicación de prazas vacantes, reguladas con carácter básico no Real decreto 617/1995, do 21 de abril. As directrices básicas desta proba para cada especialidade permiten valora-los coñecementos e capacidades artísticas necesarias para o correcto desenvolvemento dos estudios superiores, tanto no caso de aqueles aspirantes que reúnan os requisitos establecidos no artigo 40.3º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, como para os que non reúnan os ditos requisitos, segundo o establecido no artigo 40.4º desta lei. A partir destas directrices básicas, correspóndelles ós centros, no exercicio da súa autonomía, elaborar e difundi-los criterios referentes a estas probas.

A ordenación das ensinanzas do grao superior que aquí se artella ten o obxectivo último de proporcionar unha completa formación práctica, teórica e metodolóxica que garantan a cualificación nos ámbitos

relativos á creación, á interpretación, á investigación e á docencia. Para iso, este decreto establece unha parte do tempo lectivo global co fin de que os centros, no exercicio da súa autonomía organizativa e pedagóxica, determinen unha oferta de materias optativas e de libre elección para o estudiante que garantan a eficacia da formación que se persigue en cada especialidade.

En virtude de todo isto, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezanove de xullo de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto da norma.

Este decreto establece o currículo do grao superior das ensinanzas de música, de acordo co disposto nos artigos 39 punto 1º c) e 40, puntos 3º e 4º, da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e integra o establecido no Real decreto 617/1995, do 21 de abril (Boletín Oficial del Estado do 6 de xuño), polo que se establecen os aspectos básicos do currículo do grao superior das ensinanzas de música e se regula a proba de acceso a estes estudios.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Este decreto será de aplicación no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3º.-Duración e ordenación académica das ensinanzas.

1. O grao superior das ensinanzas de música comprenderá un só ciclo.

2. O grao superior terá unha duración de catro cursos en tódalas especialidades que se relacionan no punto quinto deste decreto, agás nas de composición, dirección de coro e dirección de orquestra, que terá unha duración de cinco cursos.

3. A unidade de valoración, tanto global da especialidade como parcial das diferentes materias e cursos que integran o currículo, será o crédito. Cada crédito equivalerá a dez horas lectivas, tanto nas ensinanzas teóricas como prácticas.

Artigo 4º.-Titulación.

Os alumnos que superen o grao superior das ensinanzas de música terán dereito á obtención do título superior de música, no que constará a especialidade cursada e terá carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Artigo 5º.-Especialidades.

1. As especialidades que configuran o grao superior das ensinanzas de música son as seguintes:

-Acordeón.-Canto.-Clarinete.-Clave.-Composición.-Contrabaixo.

-Dirección de coro.-Dirección de orquestra.-Etnomusicoloxía.-Fagot.-Flamenco.-Frauta travesa.-Frauta de bico.-Guitarra.-Harpa.-Instrumentos de corda pulsada do Renacemento e o Barroco.-Instrumentos da música antiga.-Instrumentos da música tradicional e popular.-Instrumentos de puga. -Jazz.-Musicoloxía.-Óboe.-Órgano.-Pedagoxía.-Percusión.-Piano.-Saxofón.-Trompa.-Trompeta.-Trombón.-Tuba.-Viola.-Viola da gamba.-Violín.-Violoncelo.

2. A especialidade de flamenco constará das dúas opcións seguintes:

Opción a): guitarra flamenca.

Opción b): flamencoloxía.

3. A especialidade de pedagoxía constará das dúas opcións seguintes:

Opción a): pedagoxía da linguaxe e da educación musical.

Opción b): pedagoxía do instrumento.

4. Para os efectos do disposto no artigo 16 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, a especialidade de etnomusicoloxía considérase equivalente á de musicoloxía.

Artigo 6º.-Obxectivos do grao superior das ensinanzas de música.

As ensinanzas conducentes á obtención do título superior de música deberán proporcionar unha formación práctica, teórica e metodolóxica, a través da profundización nas materias que conforman a especialidade elixida, co fin de garanti-la cualificación dos futuros profesionais da música, nos ámbitos relativos á creación, á interpretación, á investigación e á docencia.

Artigo 7º.-Itinerarios formativos.

Nas especialidades de composición e pedagoxía da linguaxe e da educación musical, establécense para os dous últimos cursos os seguintes itinerarios

formativos, co fin de atende-los diferentes perfís que se derivan do exercicio profesional delas:

-Composición:

a) Composición xeral.

b) Composición con medios audiovisuais.

-Pedagoxía da linguaxe e da educación musical:

a) Pedagoxía da linguaxe musical.

b) Pedagoxía da educación musical.

Artigo 8º.-Tipos de materias.

As ensinanzas das diferentes especialidades organizaranse por materias, distinguindo entre:

1. Materias obrigatorias: as ditas materias organízanse de acordo coa súa natureza e a súa finalidade formativa, nos seguintes grupos:

a) Especialidade.

b) Materias troncais.

c) Conxunto.

d) Materias propias da especialidade.

2. Materias optativas, ofertadas polos centros no exercicio da autonomía pedagóxica e organizativa, de acordo coas súas dispoñibilidades docentes, as necesidades profesionais e a demanda dos alumnos.

Co fin de que o alumno escolla entre estas o número necesario para completa-los créditos que en cada caso se establecen, estas materias deberán ser incluídas polos centros na súa oferta educativa, indicando a carga lectiva de cada unha delas, expresada en créditos, a súa duración e unha breve descrición dos seus contidos que, en todo caso, estarán relacionados cunha especialidade determinada.

3. Materias de libre elección polo estudiante, segundo a flexible configuración do seu currículo. O seu contido poderá estar relacionado tanto coa propia especialidade como con outras, e o seu número estará determinado polo número de créditos que en cada caso se establezan para estas materias. O alumno poderá elixir entre a relación de materias impartidas polo propio centro ou por outros centros superiores de ensinanzas artísticas ou universitarias cos que se estableza o convenio oportuno. En todo caso, para esta elección deberá terse en conta o seguinte:

Exceptúanse da libre elección tódalas materias clasificadas como ensinanzas instrumentais individuais no anexo III a este decreto.

A admisión nas materias de libre elección estará condicionada á existencia de prazas vacantes, logo da matriculación nestas dos alumnos da especialidade correspondente.

Artigo 9º.-Estructura do plan de estudios.

1. As materias obrigatorias das diversas especialidades, a súa carga lectiva e o curso ou cursos nos que se deberán realizar recóllense no anexo I a este decreto.

Co fin de facilita-la organización das materias de coro, orquestra e música de cámara/conxunto, indícanse no anexo I unicamente os créditos globais que o alumno debe realizar, correspondéndolles ós centros establece-los criterios para a organización xeral delas.

Do mesmo xeito determínase no dito anexo o número global de créditos das materias optativas e das materias de libre elección para cada especialidade. Corresponde ós centros distribuír por cursos o número de créditos correspondentes a estas materias.

2. Os descritores do contido das materias obrigatorias das diferentes especialidades establécense no anexo II a este decreto.

Artigo 10º.-Clasificación das materias en función da relación numérica profesor/alumno.

En función da relación numérica profesor/alumno, determínase no anexo III a este decreto, a clasificación das materias do currículo das diferentes especialidades en: non instrumentais, instrumentais colectivas e instrumentais individuais. Así mesmo, fíxase neste anexo a relación numérica máxima profesor/alumno para cada materia, de acordo cos seguintes criterios:

a) Materias non instrumentais: a relación numérica máxima é a de 1/15. Non obstante, esta ratio redúcese naqueles casos nos que a índole práctica das ensinanzas ou o grao de profundización requirido así o aconsellan.

b) Materias instrumentais colectivas: a relación numérica profesor/alumno estará determinada pola configuración das agrupacións corais, sinfónicas e camerísticas.

c) Materias instrumentais individuais: a relación numérica máxima profesor/alumno é a de 1/1.

Artigo 11º.-Avaliación e cualificacións.

1. A avaliación do rendemento académico dos alumnos dos centros superiores de música será realizada polo profesor correspondente, agás no concerto ou traballo de fin de carreira ó que se refire o artigo duodécimo deste decreto.

2. A cualificación final das diferentes materias consignarase na acta correspondente nos termos de suspenso, aprobado, notable, sobresaliente e matrícula de honra, agás no caso das materias obrigatorias do grupo de coro e de orquestra, nas que a cualificación se consignará nos termos de apto e non apto.

Artigo 12º.-Concerto ou traballo de fin de carreira.

1. Será obrigatoria a realización dun concerto de fin de carreira para as especialidades de acordeón, canto, clarinete, clave, contrabaixo, dirección de coro, dirección de orquestra, fagot, guitarra flamenca, frauta travesa, frauta de bico, guitarra, harpa, instrumentos de corda pulsada do Renacemento e o Barroco, instrumentos da música antiga, instrumentos da música tradicional e popular, instrumen

tos de puga, Jazz, óboe, órgano, percusión, piano, saxofón, trompa, trompeta, trombón, tuba, viola, viola da gamba, violín e violoncelo.

O concerto, que terá carácter público, valorarase, no caso de superalo, cun total de 7 créditos.

2. Será obrigatoria a realización dun traballo escrito de investigación de fin de carreira sobre un tema relativo á propia especialidade para as especialidades de etnomusicoloxía, flamencoloxía, musicoloxía e pedagoxía.

A defensa e presentación do dito traballo, diante do tribunal avaliador, terá carácter público e valorarase, no caso de superalo, cun total de 10 créditos.

3. Será obrigatoria a realización dun traballo de composición de fin de carreira para a especialidade de composición.

O dito traballo de composición será executado, diante do tribunal avaliador, nun concerto que terá carácter público e que se valorará, no caso de superalo, cun total de 10 créditos.

4. O concerto ou traballo de fin de carreira será avaliado por un tribunal composto por cinco profesores.

5. A presentación ó concerto ou traballo de fin de carreira requirirá a superación de tódalas materias que constitúen a especialidade.

6. Os centros establecerán a estructura da proba das diferentes especialidades.

7. A cualificación do concerto ou traballo de fin de carreira será consignada nunha acta nos termos de suspenso, aprobado, notable, sobresaliente ou matrícula de honra.

Artigo 13º.-Premio extraordinario.

Aqueles alumnos que teñan obtido, cando menos, unha nota media de sobresaliente ó longo de todo o ciclo, e no concerto ou traballo fin de carreira obtivesen unha nota mínima de sobresaliente, poderán solicita-lo premio extraordinario fin de carreira.

Artigo 14º.-Convocatorias de exame.

1. Cada centro fará públicas dúas convocatorias de exame por ano: unha no mes de xuño e outra no mes de setembro.

2. O número máximo de convocatorias para a superación das diferentes materias será de catro.

3. As convocatorias, para a superación das diferentes materias, computaranse sucesivamente, aínda que o alumno non se presente a exame, sempre que non tivese renunciado á súa matrícula con anterioridade á realización dos exames na data límite que se determine.

Artigo 15º.-Tribunais.

1. A constitución dos tribunais para a realización e avaliación das diferentes probas que se recollen neste decreto estará suxeita ás seguintes consideracións xerais:

a) O tribunal será designado polo director do centro, oído o departamento ó que estea adscrita a especialidade correspondente.

b) O número de membros será sempre impar, actuando como secretario o vocal de menor antigüidade no corpo.

c) Tódolos exames de carácter práctico que se realicen diante dun tribunal terán carácter público.

d) A convocatoria dos exames que se realicen diante dun tribunal, deberá ser feita pública cun mínimo de quince días hábiles de antelación.

e) As cualificacións dos exames de carácter práctico que se realicen diante dun tribunal, deberán facerse públicas con carácter inmediato unha vez finalizadas. No caso de exames de carácter teórico, as cualificacións faranse públicas nun prazo non superior a unha semana con posterioridade a súa realización.

2. Os membros dos tribunais deberán formar parte do departamento da correspondente especialidade ou, no seu defecto, de especialidades afíns.

Artigo 16º.-Proba de acceso.

1. Poderán acceder ó grao superior das ensinanzas de música os aspirantes que, reunindo os requisitos académicos de estar en posesión do título de bacharelato ou titulación equivalente e de ter aprobados os estudios correspondentes ó terceiro ciclo do grao medio, superen a proba de acceso ordinaria, na que os aspirantes demostren que posúen os coñecementos e habilidades profesionais necesarios para cursar con aproveitamento a especialidade na que pretenden matricularse.

2. Así mesmo, poderán acceder ó grao superior das ensinanzas de música os aspirantes que, sen reunir un ou os dous requisitos académicos ós que se refire o número anterior, superen a proba establecida no dito número e, ademais, demostren posuír tanto os coñecementos e aptitudes propios do grao medio como as habilidades específicas necesarias para cursar con aproveitamento a especialidade na que pretenden matricularse, a través da proba de acceso extraordinaria prevista no artigo 18º deste decreto.

3. Corresponde ós centros concreta-lo calendario de realización dos exercicios das probas de acceso ás diferentes especialidades, que deberá ser anunciado ó inicio do curso académico. As probas de acceso ó grao superior de música celebraranse nunha única convocatoria anual, que terá lugar antes do 15 de xullo.

Artigo 17º.-Estructura da proba de acceso ordinaria.

1. A proba de acceso ó grao superior das ensinanzas de música regulada no Real decreto 617/1995, do 21 de abril, constará dun único exercicio que comprenderá as partes que, para cada especialidade, se determinan nos dous puntos seguintes.

2. Especialidades non instrumentais:

-Composición:

Parte a): interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), durante aproximadamente quince minutos, das obras que determine o tribunal

dunha relación presentada previamente polo candidato.

Parte b): presentación e defensa oral de obras e traballos realizados polo candidato.

Parte c): realización dun traballo harmónico-contrapuntístico.

Parte d): lectura a primeira vista ó piano.

-Dirección de coro e dirección de orquestra:

Parte a): interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), durante aproximadamente quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo candidato.

Parte b): realización dun traballo harmónico-contrapuntístico.

Parte c): proba auditiva.

Parte d): lectura a primeira vista ó piano.

-Musicoloxía, flamencoloxía e etnomusicoloxía:

Parte a): interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), durante aproximadamente quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo candidato.

Parte b): análise dunha obra ou fragmento.

Parte c): realización dun traballo harmónico-contrapuntístico.

-Pedagoxía da linguaxe e a educación musical.

Parte a): interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), durante aproximadamente quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo candidato.

Parte b): proba vocal, a sólo e en conxunto.

Parte c): composición dunha peza breve, de carácter didáctico, sobre unha melodía ou un texto proposto polo tribunal.

Parte d): lectura a primeira vista ó piano.

A relación de obras a que se refire a parte a) deberá incluír polo menos catro obras de dificultade media, pertencentes ós estilos máis representativos da literatura do instrumento, libremente elixidos polo candidato. No caso do canto, a relación constará dun mínimo de oito obras.

Para a realización das partes b), c) e d), os centros fixarán e farán públicas, con antelación suficiente, unhas orientacións sobre o contido e grao de dificultade de cada parte de acordo coas características e especificidade de cada unha delas.

3. Especialidades instrumentais:

-Acordeón, canto, clarinete, contrabaixo, fagot, frauta traveseira, frauta de bico, guitarra, harpa, instrumentos da música tradicional e popular, instrumentos de corda pulsada do Renacemento e o Barro

co, instrumentos de puga, óboe, percusión, piano, saxofón, trompa, trompeta, trombón, tuba, viola, viola da gamba, violín, violoncelo, e pedagoxía referida a estas especialidades instrumentais:

Parte a): interpretación dun programa dunha duración aproximada de trinta minutos, integrado por obras e/ou estudios dunha dificultade apropiada a este nivel.

Parte b): análise dunha obra ou fragmento proposta polo tribunal.

Parte c): lectura a vista.

-Clave e órgano e pedagoxía referida a estas especialidades instrumentais:

Parte a): interpretación dun programa dunha duración aproximada de trinta minutos, integrado por obras e/ou estudios dunha dificultade apropiada a este nivel.

Parte b): análise dunha obra ou fragmento, proposto polo tribunal.

Parte c): acompañamento improvisado dunha melodía por medio da realización dun continuo a partir dun baixo cifrado dado polo tribunal.

-Guitarra flamenca e pedagoxía referida a esta especialidade instrumental:

Parte a): interpretación dun programa dunha duración aproximada de trinta minutos, que inclúa obras de autor ou clásicas da guitarra flamenca e toques pertencentes a calquera dos xéneros do flamenco.

Parte b): recoñecemento dos elementos constituíntes dun xénero característico, a partir dunha audición seleccionada polo tribunal.

Parte c): acompañamento dun cante por bulerías, por soleá ou libre, e dun baile por soleá ou por alegrías, segundo determine o tribunal.

-Jazz e pedagoxía referida a esta especialidade instrumental:

Parte a): interpretación dun programa dunha duración aproximada de trinta minutos, integrado por obras e/ou estudios dunha dificultade apropiada a este nivel.

Parte b): análise dunha obra ou fragmento proposto polo tribunal.

Parte c): realización dunha improvisación a partir dunha secuencia harmónica dada polo tribunal.

-Instrumentos da música antiga e pedagoxía referida a esta especialidade instrumental:

Parte a): interpretación dun programa dunha duración aproximada de trinta minutos, integrado por obras e/ou estudios dunha dificultade apropiada a este nivel, ben no propio instrumento que se desexa cursar, ben nun instrumento antigo ou moderno de características técnicas afíns a aquel.

Parte b): análise dunha obra ou fragmento proposto polo tribunal.

Parte c): lectura a vista.

Os centros fixarán e farán públicos os criterios ós que deberá adecuarse a realización da proba: grao de dificultade da análise, as obras ou estudios e os estilos máis representativos, a esixencia ou non de interpretar de memoria unha parte ou a totalidade do programa e as obras que sirvan como punto de referencia. Así mesmo, no caso do canto e os instrumentos non polifónicos, precisarase o número de obras que se deben interpretar só ou con instrumento acompañante.

Artigo 18º.-Estructura da proba de acceso extraordinaria.

1. A proba de acceso extraordinaria á que se refire o punto 2 do artigo 16º deste decreto non terá carácter eliminatorio e realizarase con antelación á proba de acceso ordinaria regulada no punto 1 do dito artigo 16º.

2. Se o aspirante non está en posesión do título de bacharelato ou equivalente, deberá realizar un exercicio escrito, de carácter humanístico, que permita avalia-la súa madurez, a través da utilización da linguaxe, a comprensión de conceptos e a capacidade para relacionar e sintetizar.

3. Se o aspirante non ten aprobados os estudios correspondentes ó terceiro ciclo do grao medio, deberá realizar un exercicio de carácter teórico-práctico que permita avalia-la formación musical xeral do aspirante no relativo ó desenvolvemento da súa capacidade auditiva, así como os seus coñecementos sobre a teoría e a historia da música, e o seu grao de comprensión e utilización dos diferentes recursos e procedementos harmónicos.

Artigo 19º.-Cualificación das probas de acceso.

1. A proba de acceso ordinaria cualificarase entre cero e 10 puntos, valorándose globalmente as diferentes partes que a configuran, sendo necesario para a súa superación ter obtido unha cualificación igual ou superior a cinco puntos.

2. No caso da proba de acceso extraordinaria á que se refire o punto 2 do artigo anterior, cualificarase entre cero e 10 puntos, valorándose globalmente as diferentes partes que a configuren, sendo necesario para a súa superación ter obtido unha cualificación igual ou superior a cinco puntos.

3. No caso da proba de acceso extraordinaria á que se refire o punto 3 do artigo anterior, cualificarase entre cero e 10 puntos, valorándose globalmente as diferentes partes que a configuren, sendo necesario para a súa superación ter obtido unha cualificación igual ou superior a cinco puntos.

Artigo 20º.-Adxudicación de prazas.

1. Ó longo do mes de maio, os centros comunicarán á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa a proposta de prazas dispoñibles en cada especialidade, para a súa aprobación definitiva.

2. A adxudicación de prazas realizarase segundo os seguintes criterios:

a) Cando a demanda de prazas sexa superior á dispoñibilidade de postos de determinada especialidade no centro, para a adxudicación destas consideraranse prioritariamente as solicitudes dos alumnos que superen as probas no centro.

b) Só no caso de que queden prazas dispoñibles poderanse adxudicar a outros alumnos que superasen a proba nun centro distinto.

c) Os centros atenderán as solicitudes a que se refiren os parágrafos anteriores de acordo coas cualificacións obtidas nas probas de acceso na correspondente especialidade.

Disposicións adicionais

Primeira.-Modalidade de ensinanza.

As ensinanzas ás que se refire este decreto terán carácter presencial, polo que se cursarán unicamente na modalidade de matrícula oficial, tanto en centros públicos como privados autorizados.

Segunda.-Incorporación de alumnos procedentes do plan de estudios que se extingue no ano académico 2000/2001.

1. Tódolos alumnos procedentes do plan de estudios regulado polo Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, que desexen continua-los seus estudios do grao superior da nova ordenación, deberán realiza-la proba de acceso ordinaria prevista no artigo 17º deste decreto.

2. Os alumnos procedentes do plan de estudios regulado polo Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, que non concluíran os estudios conducentes ó título de profesor, deberán realiza-la proba prevista no punto 3 do artigo 18º deste decreto, ademais da mencionada no punto 1 desta disposición.

3. Os alumnos procedentes do plan de estudios regulado polo Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, deberán realiza-la proba prevista no punto 2 do artigo 18º deste decreto, ademais da mencionada no punto 1 desta disposición.

Terceira.-Convenios para a realización das materias de libre elección.

Co fin de amplia-la oferta de materias de libre elección, os centros poderán establecer convenios con outros centros superiores, tanto de ensinanzas artísticas como universitarias, así como con institucións ou organismos de carácter cultural e/ou profesional.

Cuarta.-Avaliación das ensinanzas.

Co fin de avaliar periodicamente a adecuación ás necesidades profesionais do desenvolvemento do currículo das diferentes especialidades impartidas, e para que se adopten as medidas que, se é o caso, correspondan, poderá constituírse unha comisión de

avaliación que estará integrada, polo menos, polos seguintes membros:

-Aqueles representantes da Administración educativa que se determinen, un dos cales actuará como presidente.

-Aqueles representantes dos centros superiores de música que se determinen.

-Aqueles representantes do sector profesional que se determinen.

Así mesmo, a comisión de avaliación poderá contar co asesoramento de personalidades procedentes doutros ámbitos.

Quinta.-Validación entre distintas especialidades.

O acceso a unha nova especialidade comportará a validación das materias comúns xa superadas.

Sexta.-Organización do acceso dos alumnos que non estean en posesión do título de bacharelato.

Corresponderá á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a convocatoria, organización, designación de tribunais e desenvolvemento da proba de acceso extraordinaria para aqueles aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato.

Sétima.-Realización de determinadas materias noutros centros educativos.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determinará os centros doutros niveis educativos nos que se realizarán as materias: segundo instrumento, canto (na especialidade de dirección de coro) e prácticas de profesorado.

Oitava.-Adxudicación de prazas.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria cuantificará a porcentaxe de prazas de alumnos estranxeiros que soliciten participar nas probas de acceso ó grao superior, co fin de dar cumprimento ó disposto no artigo 12 do Real decreto 617/1995, do 21 de abril.

Disposición transitoria

Única.-As probas de acceso para o curso académico 2001-2002 terán lugar ó iniciarse este.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas normas sexan precisas para a aplicación e interpretación do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezanove de xullo de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO II

Descrición dos contidos das materias obrigatorias

correspondentes ó currículo do grao superior

Acompañamento aplicado á guitarra flamenca: desenvolvemento da capacidade de aplicación do coñecemento dos distintos bailes e cantes flamencos na improvisación do seu acompañamento guitarrístico.

Afinación e temperamento: estudio teórico-práctico dos diferentes sistemas de afinación para os instrumentos do período renacentista e barroco.

Análise: estudio da obra musical a partir dos seus materiais constructivos e dos diferentes criterios que interveñen na súa comprensión e valoración. Coñecemento dos diferentes métodos analíticos, e a súa interrelación con outras disciplinas. Fundamentos estéticos e estilísticos dos principais compositores, escolas e tendencias da creación musical contemporánea.

Análise da música de Jazz: estudio da obra musical no Jazz, a partir dos sus materiais constructivos e dos diferentes criterios que interveñen na súa compresión e valoración, con especial atención ós elementos e conceptos exclusivos da improvisación jazzística. Coñecemento dos diferentes métodos analíticos e a súa interrelación con outras disciplinas, tales como o recoñecemento auditivo para a transcrición de solos e progresións harmónicas a analizar. Fundamentos estéticos e estilísticos dos principais compositores, escolas e tendencias da creación jazzística.

Análise do século XX: afondamento no coñecemento do repertorio musical contemporáneo, a través da audición e do uso dos diferentes métodos e criterios analíticos, tanto tradicionais como xerados para o seu mellor estudio e comprensión. Coñecemento e estudio comparativo das novas grafías empregadas na composición contemporánea, así como dos criterios de adecuación sonoro-visual que, se é o caso, as determinen.

Análise xeral: afondamento no estudio da obra musical a partir dos seus materiais constructivos básicos, así como de todos aqueles criterios que conduzan, desde distintos puntos de vista, a un hábito de reflexión para unha mellor comprensión do feito musical como producto artístico; dende o canto gregoriano ata a actualidade. Coñecemento dos diferentes métodos analíticos. Práctica auditiva e instrumental dos elementos e procedementos aprendidos que conduza á súa interiorización.

Antropoloxía musical: estudio da música, tanto no que se refire á súa conceptualización, como á súa creación, transformación, interpretación e difusión, nos diferentes contextos sociais e culturais, e a súa relación cos seus distintos compoñentes (relixión, linguaxe, medios de comunicación, etc.).

Arquivística e biblioteconomía: coñecemento e uso das diferentes técnicas de arquivística, documen

tación e información. Análise crítica e valoración dos diversos materiais bibliográficos e documentais.

Baile flamenco: estudio do ritmo e cuadratura do número de compases que ten unha letra para o desenvolvemento do cante que se require. Estudio do compás, estructura, caracteres e expresión de cada forma do flamenco. Coñecemento e realización da marcaxe, escobillas e desplantes con bata de cola. Estudio dos diferentes bailes flamencos. Realización de improvisacións dentro das estructuras do baile flamenco.

Canto: perfeccionamento das capacidades artísticas, musicais e técnicas, que permitan aborda-la interpretación do repertorio máis representativo do instrumento. Coñecemento dos criterios interpretativos aplicables a este repertorio, de acordo coa súa evolución estilística.

Canto gregoriano: estudio sincrónico e diacrónico do repertorio gregoriano específico e monódico sacro en xeral. A súa influencia teórica e práctica nas técnicas musicais occidentais: escritura, modalidade, tipoloxías melódicas e rítmicas, etc.

Clarinete: (ver instrumento principal).

Clave: (ver instrumento principal).

Composición: afondamento no estudio dos diferentes elementos e procedementos constructivos tradicionais, así como na técnica dos autores, escolas e tendencias contemporáneas máis representativos. Práctica de todo iso na realización de traballos estilísticos vocais e instrumentais. Desenvolvemento dunha linguaxe persoal, a través da composición de obras libres.

Composición aplicada: desenvolvemento dunha técnica básica de composición que permita a realización de traballos de carácter didáctico para instrumentos e voces solistas ou acompañados, conxuntos instrumentais, coros de diferentes voces, etc. Información teórica e acerca das posibilidades técnicas e os recursos tímbricos dos diferentes instrumentos.

Composición con medios audiovisuais: afondamento no estudio dos diferentes elementos e procedementos constructivos aplicados á composición cos diferentes medios audiovisuais, así como no coñecemento da técnica dos autores, escolas e tendencias máis representativos. Desenvolvemento dunha linguaxe persoal, a través da composición de música para diferentes medios audiovisuais.

Composición e arranxos de Jazz: estudio dos procedementos constructivos e instrumentais propios do Jazz. Estudio e aplicación práctica dos principios contrapuntísticos no Jazz. Estudio das técnicas de instrumentación, orquestración e arranxos, e a súa aplicación práctica para diferentes formacións instrumentais e vocais. Aplicación destes á composición de pezas propias e ós arranxos de pezas do repertorio jazzístico. Técnicas de composición aplicadas ós medios audiovisuais.

Concertación: estudio e práctica interpretativa do repertorio concertante vocal e instrumental (ópera, oratorio, zarzuela, concertos para dous ou máis solistas, etc.). Desenvolvemento técnico e dos coñecementos necesarios para a correcta dirección do conxunto de solistas, e a relación de este coa orquestra ou grupo orquestral acompañante.

Conxunto: afondamento nos aspectos propios da interpretación de conxunto. Desenvolvemento da lectura a primeira vista e da capacidade de controlar, non só a propia función, senón o resultado do conxunto en agrupacións con e sen director. Práctica do repertorio para diferentes conxuntos, tanto tradicionais como contemporáneos, con especial énfase neste último, de acordo coa especialidade instrumental correspondente.

Continuo: práctica da realización do baixo continuo, en obras de diferentes épocas e autores. Estudio dos distintos sistemas de cifrado e técnicas de acompañamento e ornamentación empregadas ó longo da historia.

Contrabaixo: (ver instrumento principal).

Contrapunto: afondamento no estudio dos elementos e procedementos contrapuntísticos relativos ó sistema tonal, así como anteriores e posteriores ó mesmo. Realización escrita de traballos estilísticos e libres, vocais e instrumentais. Práctica instrumental dos elementos e procedementos estudiados.

Coro: interpretación do repertorio coral habitual a capella e con orquestra. Desenvolvemento da educación e hixiene vocal, e afondamento nas capacidades relacionadas coa lectura a primeira vista, a comprensión e resposta ás indicacións do director e a integración no conxunto.

Coro de cámara: interpretación do repertorio habitual para coro de cámara a capella e con orquestra. Afondamento nas capacidades relacionadas coa lectura a primeira vista, a comprensión e resposta ás indicacións do director e a integración no conxunto.

Correpetición: desenvolvemento da capacidade de lectura a vista e do acompañamento a solistas e conxuntos vocais e instrumentais. Adquisición dun repertorio vocal e instrumental amplo de diferentes épocas e estilos. Práctica da correpetición en ensaios de música vocal escénica.

Cultura latina: coñecementos básicos da lingua e escritura latina, clásica e medieval. Historia e evolución. Aplicación á musica. Historia de Roma e o desenvolvemento do cristianismo en Oriente e Occidente.

Danza tradicional e popular galega: práctica dun repertorio de danzas galegas e coñecemento do material musical, bibliográfico, etc. relacionado coas danzas tradicionais. Iniciación á notación coreográfica.

Danzas históricas: coñecementos básicos das formas coreográficas e dos diferentes estilos característicos das danzas sociais pertencentes ó período histórico comprendido entre os séculos XIII-XVIII.

Integración da danza coa música e a cultura da súa época. Práctica dun repertorio representativo das distintas formas de danza histórica e dos seus pasos máis característicos: Branlesuite, Farandole, Contradanzas sinxelas, Pavanas, etc.

Didáctica da educación musical: o proceso do desenvolvemento musical no neno. Características da aprendizaxe nesta etapa. Fundamentos históricos, antropolóxicos, psicolóxicos e sociais da educación musical temperán e da súa repercusión na formación integral do neno. As diferentes concepcións da educación musical temperán no século XX. A motivación e o seu papel determinante no proceso da aprendizaxe. O valor educativo do xogo e o seu tratamento didáctico. Obxectivos e contidos deste período. Medios e recursos didácticos. Obxectivos e contidos da área de música na educación secundaria. Orientacións metodolóxicas para o desenvolvemento de actividades na aula. Interrelación dos diversos lotes de contidos: expresión vocal, instrumental, movemento e danza, audición e linguaxe.

Didáctica da especialidade: principios didácticos para a ensinanza da propia especialidade instrumental ou canto. Desenvolvemento da análise crítica, e a súa función didáctica.

Didáctica da linguaxe musical: os diferentes mecanismos da percepción musical. O papel determinante da memoria na percepción da música. O desenvolvemento do oído interno e da sensibilidade musical a través da audición. A educación auditiva nos contidos do currículo. Materiais e recursos didácticos: criterios de selección e de aplicación na aula.

Didáctica da música: compoñentes didácticos do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Modelos de ensinanza. A práctica docente e a función do mestre. O currículo e a elaboración de proxectos curriculares. A práctica educativa na aula. Obxectivos e contidos da aprendizaxe da música no ámbito escolar, na ensinanza especializada e na educación de adultos. Medios e recursos didácticos. A avaliación do proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Didáctica do conxunto instrumental: coñecemento práctico dos instrumentos de láminas, membranas e pequena percusión. Práctica deste repertorio instrumental. Desenvolvemento da capacidade de improvisación.

Dirección coral e instrumental: fundamentos técnicos da dirección en toda clase de compases. Práctica dos xestos básicos de dirección. Exercicios de comunicación non verbal. Práctica da dirección aplicada ás diferentes agrupacións do repertorio utilizado no proceso de ensinanza e aprendizaxe propios da especialidade.

Dirección de coro: coñecemento da técnica da dirección e práctica dela. Desenvolvemento da capacidade comunicativa a través do xesto. Tratamento dos diferentes elementos que configuran o discurso musical desde o punto de vista da dirección de coro, a través do estudio analítico, a audición e a práctica

do repertorio coral habitual para as distintas formacións a capella e con instrumentos.

Dirección de orquestra: coñecemento da técnica da dirección e práctica dela. Desenvolvemento da capacidade comunicativa a través do xesto. Tratamento dos diferentes elementos que configuran o discurso musical desde o punto de vista da dirección de orquestra, a través do estudio analítico, a audición e a práctica do repertorio orquestral habitual para as distintas formacións camerísticas e sinfónicas.

Educación auditiva: perfeccionamento da capacidade auditiva do alumno, tanto no relativo á entoación como ó recoñecemento de elementos harmónicos e melódicos tonais e non tonais, como a súa transcrición escrita, así como a de diferentes complexidades rítmicas e métricas.

Educación auditiva de Jazz: perfeccionamento da capacidade auditiva do alumno como base do desenvolvemento da capacidade creativa, tanto no relativo ás diferentes complexidades rítmicas e métricas, como á entonación e o recoñecemento de elementos harmónicos, melódicos tonais e non tonais, así como a súa transcrición a vista, escrita, oral e instrumental.

Educación vocal: adquisición dunha técnica vocal básica: respiración, emisión e articulación. Estudio dun repertorio de cancións de diferentes épocas e estilos. Desenvolvemento da voz falada e cantada como instrumento expresivo para a súa correcta aplicación educativa.

Escena lírica: estudio e práctica do repertorio escénico habitual. Desenvolvemento das capacidades da interpretación escénica e do proceso de creación da personaxe. Comprensión dos principios de acción e de conflicto dramático.

Etnomusicoloxía: fontes da música tradicional e popular. Coñecemento e estudio comparativo das características musicais, estilos e xéneros das diferentes culturas. Relación entre música tradicional, popular e culta. Historia da investigación sobre músicas populares e presentación das principais liñas de investigación da etnomusicoloxía contemporánea. Estudio da música no seu contexto social e antropolóxico, tanto no que se refire a súa conceptualización, como á súa creación, transmisión, interpretación e difusión. A comunicación musical e a súa importancia sociolóxica.

Evolución estilística do repertorio: estudio diacrónico dos rasgos estilísticos e criterios interpretativos das diferentes épocas e autores, en relación co repertorio do instrumento principal.

Fagot: (ver instrumento principal).

Frauta de bico: (ver instrumento principal).

Frauta travesa: (ver instrumento principal).

Francés: (ver idiomas).

Fontes históricas da interpretación renacentista e barroca: estudio dos criterios interpretativos das obras do Renacemento e o Barroco, a través dos

documentos relacionados con estas, da literatura artística da época, e doutros textos coetáneos.

Formas musicais organísticas: afondamento no coñecemento teórico e analítico das diferentes formas características do repertorio organístico.

Fundamentos de electroacústica e informática musical: afondamento teórico e práctico das diferentes técnicas e procedementos de xeración e manipulación de sons a través de medios electroacústicos, así como das posibilidades da informática aplicadas á composición musical.

Fundamentos da flamencoloxía: historia da flamencoloxía. Relación do flamenco coa música tradicional, popular e culta. Fundamentos musicolóxicos da flamencoloxía. Flamencoloxía e musicoloxía comparadas. Formación do investigador.

Fundamentos da técnica do movemento: bases físicas do movemento: equilibrio, coordinación, centro de gravidade, a musicalidade do movemento, etc. Bases expresivas do movemento: a tonicidade muscular e a súa relación cos estados afectivos. Interacción dos elementos: gravidade, tensión, espacio e tempo.

Guitarra: (ver instrumento principal).

Harmonía: afondamento no estudio dos elementos e procedementos harmónicos desde as orixes do sistema tonal-bimodal ata a actualidade. Realización escrita de traballos estilísticos e libres, vocais e instrumentais. Práctica nun instrumento de teclado dos elementos e procedementos estudiados.

Harmonía de Jazz: estudio dos elementos e procedementos harmónicos propios do Jazz e evolución dos mesmos ó longo da súa historia. Realización escrita de traballos. Práctica instrumental dos elementos e procedementos estudiados. Coñecemento e práctica dos distintos tipos de cifrado.

Harmonización e arranxos: estudio e práctica dos procedementos para o tratamento da música tradicional e popular, tanto tradicionais como contemporáneos e as súas instrumentacións.

Harmonización e arranxos aplicada á pedagoxía: realización de traballos de carácter didáctico para instrumentos e voces relacionados co repertorio da especialidade.

Harpa: (ver instrumento principal).

Historia da etnomusicoloxía: afondamento no coñecemento das diferentes escolas e tendencias da investigación etnomusicolóxica, e dos seus principais representantes.

Historia da música: afondamento no coñecemento dos movementos e as tendencias fundamentais na historia da música: aspectos artísticos, culturais e sociais.

Historia da música antiga e medieval: afondamento no coñecemento dos movementos e as tendencias fundamentais na historia da música antiga e medieval: aspectos artísticos, culturais e sociais.

Historia da música moderna e contemporánea: afondamento no coñecemento dos movementos e as tendencias fundamentais na historia da música moderna e contemporánea: aspectos artísticos, culturais e sociais.

Historia do Jazz: afondamento no coñecemento da evolución das tendencias fundamentais, compositores, intérpretes e grupos de Jazz. Relación co seu medio sociocultural. Principios estéticos e técnicos dos principais estilos do Jazz.

Historia da arte flamenca: desenvolvemento e evolución dos xéneros flamencos. Afondamento na vida dos creadores e intérpretes do cante, toque e baile flamencos. Coñecemento dos cancioneiros populares españois e hispanoamericanos relacionados co flamenco. Coñecemento do repertorio de guitarra española e as súas integracións, coa guitarra flamenca. Estilos e criterios de interpretación das principais escolas cantaoras e tocaoras segundo as épocas e situacións xeográficas. O baile flamenco: aspectos rítmicos; coñecemento das escolas e figuras máis relevantes.

Historia das diferentes escolas e/ou sistemas: coñecemento histórico da evolución das diferentes escolas e/ou sistemas do instrumento principal e, se é o caso, dos da mesma familia. Achega dos grandes instrumentistas e pedagogos ó desenvolvemento da técnica instrumental.

Iconografía musical: coñecemento histórico e valoración crítica da arte e as súas formas vencelladas ás imaxes musicais, dende a antigüedade ata o século XX. Consideracións básicas de tipo mitolóxico sobre a orixe dos instrumentos. Programas iconográficos musicais en documentos escritos, arquitectura, pintura, escultura, etc. Instrumentos musicais e símbolos na cultura europea.

Idiomas: estudio das linguas alemana, francesa, inglesa e italiana, na súa aplicación ó canto: aspectos prosódicos, fonolóxicos e fonéticos. Afondamento nos coñecementos gramaticais que permitan comprende-la estructura dos diferentes idiomas. Coñecemento e análise de textos poéticos e dramáticos utilizados na composición musical ó longo da historia.

Improvisación e acompañamento: a improvisación como medio expresivo: principios xerais para desenvolve-la capacidade creativa. Tipos de improvisación: libre e condicionada. Formas e estilos de improvisación. Análise de formas improvisadas. Desenvolvemento progresivo da improvisación a partir de elementos musicais (estructuras harmónico-formais, melódicas, rítmicas, etc.) ou extramusicais (textos, imaxes, etc.). Aplicación da improvisación á práctica do acompañamento.

Improvisación, movemento e danza: desenvolvemento da creatividade a través da sensibilidade cinestésica. Formas básicas do movemento. A mímica e o xesto como medios expresivos de comunicación.

Inglés: (ver idiomas).

Instrumentación e orquestración: estudio das características e posibilidades individuais dos diferentes instrumentos, e das derivadas do seu emprego combinado dentro das distintas agrupacións camerísticas e sinfónicas. Coñecemento do desenvolvemento evolutivo dos criterios de orquestración a través das diferentes épocas e estilos.

Instrumento principal: perfeccionamento das capacidades artística, musical e técnica, que permitan aborda-la interpretación do repertorio máis representativo do instrumento e da súa familia cando se trate de instrumentos de vento-madeira ou vento-metal. Coñecemento dos criterios interpretativos aplicables a este repertorio, de acordo coa súa evolución estilística. Se é o caso, estudio do repertorio con instrumento acompañante.

Instrumentos de corda pulsada do Renacemento e o Barroco: (ver instrumento principal).

Instrumentos da música antiga: (ver instrumento principal).

Instrumentos da música tradicional e popular: (ver instrumento principal).

Instrumentos de puga: (ver instrumento principal).

Italiano: (ver idiomas).

Metodoloxía da investigación etnomusicolóxica: panorama das diferentes liñas de investigación na etnomusicoloxía contemporánea: métodos, concepcións e crítica das diferentes posicións teóricas.Coñecemento das diferentes tradicións musicais de diferentes culturas a través das investigacións levadas a cabo. Estudio da música no seu contexto social e antropolóxico, tanto no que se refire á súa conceptualización, como á súa creación, transmisión, interpretación e difusión. Relación entre as diferentes categorías da música: culta, popular, tradicional, exótica, etc.

Metodoloxía da investigación flamencolóxica: panorama das diferentes liñas de investigación na flamencoloxía contemporánea: métodos, concepcións e crítica das diferentes posicións teóricas. Estudio do flamenco no seu contexto social e antropolóxico, tanto no que se refire á súa conceptualización, como á súa creación, transmisión, interpretación e difusión.

Metodoloxía da investigación musicolóxica: fundamentos de heurística, relativos á busca, definición e localización das fontes da música. Técnicas específicas de estudio e de hermenéutica. Descrición e uso das técnicas de arquivística, documentación e información.

Música de cámara: afondamento nos aspectos propios da interpretación camerística. Desenvolvemento da lectura a primeira vista, e da capacidade de controlar, non só a propia función, senón o resultado do conxunto, en agrupacións con e sen director. Práctica do repertorio camerístico. Desenvolvemento da práctica de conxunto a partir das tradicionais for

macións camerísticas: cuarteto de corda, quinteto de vento, cuarteto de saxofóns, etc.

Música de tradición oral: fundamentos da etnomusicoloxía. Fontes da música de tradición oral. Coñecemento e estudio comparativo das características musicais das diferentes culturas. Relación entre as músicas tradicional, popular e culta.

Música española tradicional e popular: coñecemento e estudio das formas máis características da música tradicional. Adquisición dun repertorio amplo e representativo dos diferentes xéneros e estilos. O valor educativo e artístico do repertorio tradicional como fundamento do canto escolar. Criterios de selección para a súa aplicación na aula.

Música tradicional doutras culturas: estudio dun repertorio de cancións e xogos pertencentes a países non europeos con especial énfase na música afroamericana. Desenvolvemento dos criterios de selección para a súa aplicación didáctica. A música étnica e o seu valor educativo na aula.

Música tradicional e popular galega: estudio da música vocal e instrumental nos seus ritmos, instrumentos, diferentes tipos de agrupacións, modos, temáticas dos textos, formas, bailes, etc. Análise do contexto social e función da música. Afondamento no coñecemento da historia da música galega e os seus principais compositores e intérpretes. Estudio dos diferentes cancioneiros. A música tradicional galega no eido urbano.

Notación: estudio da evolución da notación musical desde a antigüidade ata os nosos días, e a súa integración co desenvolvemento da linguaxe musical occidental e das diferentes técnicas compositivas. A notación antiga-ou paleográfica-e a moderna. Estudio da notación desde a perspectiva puramente gráfica, e desde a semioloxía musical.

Notación da música antiga: estudio da evolución da notación musical occidental desde os primeiros documentos escritos ata o século XVIII, e a súa integración co desenvolvemento da linguaxe musical occidental e das diferentes técnicas compositivas. Criterios de transcrición e edición.

Notación, taboadura e ornamentación: estudio dos diferentes procedementos de notación musical por medio de letras, cifras e outros signos na que se atopa escrita a maior parte da literatura instrumental. Transcrición, anotación convencional dos diferentes tipos de taboadura. Práctica de lectura directamente da taboadura. Coñecemento teórico-práctico da ornamentación empregada nas diferentes etapas da historia da música e criterios de interpretación das diferentes táboas.

Óboe: (ver instrumento principal).

Órgano: (ver instrumento principal).

Organoloxía: fundamentos de acústica musical. Estudio dos instrumentos musicais, a partir dos diferentes enfoques históricos, tanto antropolóxicos (consideracións de tipo mitolóxico sobre a súa orixe,

de tipo estético sobre a evolución da súa fisionomía, etc.) como técnicos ou científicos. Coñecemento das clasificacións dos instrumentos máis importantes, atendendo ós criterios dos principais tratadistas.

Ornamentación: estudio e práctica instrumental dos diferentes estilos de ornamentación e diminución, desenvoltos entre os séculos XVI e XVIII.

Orquestra: práctica nos distintos tipos de agrupacións orquestrais. Afondamento nas capacidades relacionadas coa lectura a primeira vista, a comprensión e resposta ás indicacións do director, e a integración no conxunto, a través dunha aproximación ó repertorio orquestral.

Percusión: (ver instrumento principal).

Piano: (ver instrumento principal).

Piano complementario: principios básicos da técnica pianística. Desenvolvemento da capacidade de lectura a primeira vista e da comprensión dos elementos e procedementos constructivos (estructuras harmónicas básicas, procesos formais, etc.) a través dun repertorio axeitado, no instrumento de tecla elixido ou no que se considere máis conveniente en relación á especialidade que se curse (piano, clave, órgano, etc.).

Práctica auditiva: afondamento no estudio teórico-práctico dos elementos constitutivos da linguaxe musical.

Práctica harmónico-contrapuntística: práctica escrita e instrumental dos diferentes elementos e procedementos harmónicos e contrapuntísticos do sistema tonal occidental, así como anteriores e posteriores a este.

Prácticas de profesorado: realización de prácticas de iniciación docente nos diversos niveis e modalidades da ensino musical no sistema educativo. Observación e participación docente cun grupo ou distintos grupos de alumnos. Seminarios sobre procedementos metodolóxicos, recursos didácticos e avaliación do proceso formativo. Coñecemento do sistema escolar a través do coñecemento dun centro concreto como unidade organizativa nas súas distintas dimensións e funcións.

Psicopedagoxía: factores e procesos básicos de aprendizaxe. Contidos e procesos de aprendizaxe. Conceptos básicos de socioloxía. Teorías contemporáneas da educación. Fundamentos da psicoloxía evolutiva. O problema do desenvolvemento do coñecemento. Aprendizaxe como forma de coñecemento: teoría, fases, variables, etc. A creatividade e o seu desenvolvemento. Creatividade e docencia. A personalidade: interacción profesor/alumno. O papel do profesor e a influencia das súas aptitudes.

Reducción de partituras: práctica da reducción ó teclado de obras de dificultade progresiva (desde cuartetos de corda ata obras para orquestra sinfónica, incluíndo obras vocais e vocais-instrumentais).

Repentización: desenvolvemento da habilidade de repentizar obras de dificultade progresiva, que permita perfeccionar tanto a capacidade de automatismo e velocidade na lectura do texto musical como a comprensión inmediata do sentido dos seus elementos esenciais-formais, harmónicos, temáticos, etc., e a súa interpretación no instrumento a medida que se le a obra. Práctica da transposición, tanto escrita como repentizada, a tódalas tonalidades.

Repertorio de oratorio: afondamento no coñecemento e estudio do repertorio de oratorio nas súas distintas épocas e variantes. Coñecemento dos criterios interpretativos aplicables ó dito repertorio en relación coa súa evolución estilística. Coñecemento e desenvolvemento de elementos de investigación interpretativa.

Repertorio liederístico: afondamento no coñecemento e estudio do repertorio liederístico nas súas distintas épocas e variantes. Coñecemento dos criterios interpretativos aplicables ó dito repertorio en relación coa súa evolución estilística. Coñecemento e desenvolvemento de elementos de investigación interpretativa. A canción española no século XX.

Repertorio operístico e zarzuelístico: afondamento no coñecemento e estudio do repertorio operístico e zarzuelístico nas súas distintas épocas e variantes. Coñecemento dos criterios interpretativos aplicables ó dito repertorio en relación coa súa evolución estilística. Coñecemento e desenvolvemento de elementos de investigación interpretativa.

Repertorio orquestral: estudio do repertorio orquestral básico do instrumento principal e da súa familia cando se trate de instrumentos de vento-madeira ou vento-metal, referido tanto a solos como a pasaxes de tutti das que a dificultade ou especiais características aconsellen a súa inclusión na programación da ensinanza.

Rítmica e improvisación: estudio teórico-práctico dos aspectos métricos e rítmicos característicos na música do século XX. Novas grafías e a súa aplicación didáctica. Aplicación da improvisación á rítmica e á práctica do acompañamento rítmico.

Saxofón: (ver instrumento principal).

Segundo instrumento: principios básicos da técnica do instrumento elixido. Estudio dun repertorio que inclúa obras de diferentes épocas e estilos.

Socioloxía da música: estudio científico do papel da música nas diversas sociedades, e a súa evolución ó longo da historia, en relación cos diferentes factores relixiosos, utilitarios, pedagóxicos, etc. Métodos da investigación sociolóxica (observación, inducción, comparación, estatísticas) e a súa relación con outros campos do coñecemento.

Taller de composición: aplicación dos coñecementos adquiridos tanto nas materias de composición ou composición con medios audiovisuais: montaxe de obras propias cun grupo de intérpretes, e resolución dos diferentes problemas tanto técnicos como

musicais que poidan xurdir durante as sesións de traballo; inclusión, se é o caso, de transformacións electroacústicas en tempo real, empregando as distintas posibilidades ofrecidas polos medios informáticos, así como sonorización de imaxes con música propia, con ou sen utilización de medios electroacústicos.

Técnica corporal: entrenamiento básico do corpo como instrumento actoral: desenvolvemento das posibilidades expresivas e creativas en relación coa interpretación musical escénica.

Teoría musical do flamenco: estudio e análise das estructuras musicais que regulan a arte flamenca: melodía, harmonía, ritmo, métrica e formas. Análise da interacción destes elementos dentro do sistema musical flamenco. Estudio dos diferentes estilos do flamenco en tódalas súas vertentes. Terminoloxía do flamenco.

Teoría e práctica da improvisación de Jazz: a improvisación como medio de expresión. Técnicas para o desenvolvemento da capacidade creativa. Tipos de improvisación: libre e condicionada. Características da improvisación nos diferentes estilos e épocas do Jazz, así como condicións e capacidades expresivas do propio instrumento aplicables á improvisación. Estudio de técnicas de composición e análise do desenvolvemento melódico-harmónico, aplicables á improvisación, así como das diferentes formas de acompañamento improvisado segundo as épocas, estilos e características do propio instrumento. Improvisación a partir de elementos musicais (estructuras harmónico-formais, melódicas, rítmicas, etc.) ou extramusicais (textos, imaxes, etc.).

Teoría e práctica da improvisación flamenca: características segundo os diferentes estilos do flamenco. Coñecemento dos procedementos harmónicos propios do flamenco e a súa aplicación á improvisación. Elementos formais da música flamenca orientados cara a improvisación.

Traballo de campo, transcrición e edición: metodoloxía e técnicas de traballo de campo en etnomusicoloxía: análise crítica e experiencia en diferentes modalidades. O traballo de campo en antropoloxía e a investigación musicolóxica.

Transcrición: metodoloxías, obxectivos e práctica da transcrición musical: a transcrición como procedemento de análise e de comprensión dos elementos da obra musical. Utilización, análise e valoración dos materiais bibliográficos e documentais.

Transcrición aplicada ó flamenco: fundamentos para a realización e o uso crítico de transcricións en tódalas súas vertentes (guitarra, cante, baile, palmas e jaleo). A actuación en vivo e as gravacións como primeiros documentos de análise da música flamenca.

Trompa: (ver instrumento principal).

Trompeta: (ver instrumento principal).

Trombón: (ver instrumento principal).

Tuba: (ver instrumento principal).

Viola: (ver instrumento principal).

Viola da gamba: (ver instrumento principal).

Violín: (ver instrumento principal).

Violoncelo: (ver instrumento principal).

ANEXO III

Clasificación das materias a efectos da relación

numérica máxima profesor/alumno, segundo o

disposto no artigo 20 do Real decreto 389/1992,

do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos

mínimos dos centros que impartan ensinanzas

artísticas e no apartado décimo deste decreto

Ensinanzas instrumentais individuais:

Canto.

Correpetición.

Instrumento principal de cada especialidade.

Piano complementario.

Repertorio de oratorio.

Repertorio liederístico.

Repertorio operístico e zarzuelístico.

Repertorio orquestral.

Segundo instrumento.

Ensinanzas instrumentais colectivas:

1. Materias nas que a relación numérica profesor/alumno está determinada polas esixencias da agrupación vocal ou instrumental de que se trate.

Conxunto.

Coro.

Coro de cámara.

Escena lírica.

Música de cámara.

Orquestra.

2. Materias cunha relación numérica máxima profesor/alumno de 1/4:

Acompañamento aplicado á guitarra flamenca.

Continuo.

Improvisación e acompañamento.

Reducción de partituras.

Repentización.

Rítmica e improvisación.

Teoría e práctica da improvisación de Jazz.

Teoría e práctica da improvisación flamenca.

Ensinanzas non instrumentais:

1. Materias cunha relación numérica máxima profesor/alumno de 1/2:

Composición.

Contrapunto.

Harmonía.

Instrumentación e orquestración.

2. Materias cunha relación numérica máxima profesor/alumno de 1/4:

Composición con medios audiovisuais.

Composición e arranxos de Jazz.

Concertación.

Dirección coral e instrumental.

Dirección de coro.

Dirección de orquestra.

Fundamentos de electroacústica e informática musical.

Harmonía de Jazz.

Taller de composición.

Transcrición.

Transcrición aplicada ó flamenco.

3. Materias cunha relación numérica máxima profesor/alumno de 1/10:

Afinación e temperamento.

Análise.

Análise da música de Jazz.

Análise do século XX.

Análise xeral.

Baile flamenco.

Composición aplicada.

Didáctica da especialidade.

Didáctica do conxunto instrumental.

Educación auditiva.

Educación auditiva de Jazz.

Formas musicais organísticas.

Fundamentos da técnica do movemento.

Harmonización e arranxos.

Harmonización e arranxos aplicada á pedagoxía.

Idiomas.

Improvisación, movemento e danza.

Notación, tablatura e ornamentación.

Práctica harmónico-contrapuntística.

Técnica corporal.

Teoría musical do flamenco.

4. Materias cunha relación numérica máxima profesor/alumno de 1/15:

Antropoloxía musical.

Arquivística e biblioteconomía.

Canto gregoriano.

Cultura latina.

Danzas históricas.

Didáctica da educación musical.

Didáctica da linguaxe musical.

Didáctica da música.

Etnomusicoloxía.

Evolución estilística do repertorio.

Fontes históricas da interpretación renacentista e barroca.

Fundamentos da flamencoloxía.

Historia da etnomusicoloxía.

Historia da música.

Historia da música antiga e medieval.

Historia da música moderna e contemporánea.

Historia do Jazz.

Historia da arte flamenca.

Historia das diferentes escolas e/ou sistemas.

Iconografía musical.

Metodoloxía da investigación etnomusicolóxica.

Metodoloxía da investigación flamencolóxica.

Metodoloxía da investigación musicolóxica.

Música de tradición oral.

Música española tradicional e popular.

Música tradicional doutras culturas.

Música tradicional e popular galega.

Notación.

Notación da música antiga.

Organoloxía.

Ornamentación.

Práctica auditiva.

Prácticas de profesorado.

Psicopedagoxía.

Socioloxía da música.

Traballo de campo, transcrición e edición.