Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da rúa Celso Emilio Ferreiro e da relación definitiva dos bens e dereitos que resulta necesario expropiar para a execución da dita obra.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de xullo de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da rúa Celso Emilio Ferreiro, promovido por este concello.

Na referida sesión tamén se prestou aprobación definitiva á documentación complementaria do referido proxecto, relativa á relación concreta, individualizada e valorada dos seguintes bens e dereitos de necesaria ocupación indispensables, xunto coa relación de propietarios, para o fin da expropiación:

Ref. catast.PropietarioSup. ocupar

definitiv.

Sup. ocupar

temporal

Forma

afect.

10071035Remedios Trabado Castro122,1443,66Parcial

20071036Manuel Arias López138,7662,72Parcial

30071028José López López20,7912,83Parcial

40073810Camilo Penela Pérez68,4113,06Parcial

50071040Alfredo López López107,619,94Parcial

60073820Matilde López López0,006,05Parcial

70071041Antonio Caldeiro Peña38,6438,97Parcial

80071003Concepción López López446,4927,50Parcial

90073808José López López401,9023,86Parcial

100073801José Manuel Taboada Rivera595,5867,97Parcial

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Concello Pleno, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Sarria, 27 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado