Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.

c) Número de expediente: 204/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: remodelación do centro escolar Apóstolo Santiago para destinalo a sede da Escola Municipal de Música.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 52.001.111 pesetas (312.532,97 euros), incluído IVE.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Documentación: Copy Nova. Rúa Nova de Abaixo, 12, local 4. Santiago de Compostela. Telefono: 981 59 23 93.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Contratación). Pr. do Obradoiro, 1. 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 23 75 e fax: 981 57 76 27.

Data límite de obtención de documentos e información: 13 días naturais contados a partir da derradeira publicación realizada no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia .

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: (grupos, subgrupos e categoría): grupo C, subgrupo 4, categoría c. Grupo C, subgrupo 7, categoria c.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir da derradeira publicación realizada no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Santiago de Compostela (rexistro xeral).

2ª Domilio: rúa da Trindade, 1 (pavillón da Trindade).

3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (Secretaría).

b) Domicilio: praza do Obradoiro, 1.

c) Localidade: 15705 Santiago de Compostela.

d) Data: segundo día hábil, non sábado, seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación son os especificados na cláusula 15.3.3 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado