Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 4 de xuño de 2001 aprobou inicialmente o estudio de detalle no Martil (A Pajuela-Marrozos), promovido por Cogasa, S.L. No mesmo acto aprobouse inicialmente a delimitación da unidade de actuación e a actuación polo sistema de compensación.

O estudio de detalle ten por obxecto a promoción agrupada de 11 vivendas unifamiliares entestadas nunha parcela de 4.603 m de superficie, clasificada

como solo urbano de extensión de núcleos rurais tradicionais (ordenanza 12), sita na marxe norte da estrada de Santiago de Compostela a Ourense, lugar de Marrozos, contigua ó número 71 da Travesa do Sisto.

A parcela afectada é a número 175 da concentración parcelaria de Santa María de Marrozos.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo