Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan Parcial de Ordenación do SAUR-4.

O Pleno da Corporación en sesión realizada o día 26 de xuño de 2001, aprobou definitivamente o Plan Parcial de Ordenación do SAUR-4, en Fontán-Sada, por instancia de Sadamar, S.A., e redactado polo arquitecto Ángel Monteoliva Díaz. O que se fai público, dando cumprimento ó disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra a aprobación definitiva do devandito plan parcial poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP da Coruña, de conformidade co disposto no artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Sada, 28 de xuño de 2001.

O alcalde

Rubricado