Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO de concurso de obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Mugardos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente:

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: mercado do peixe.

b) Lugar de execución: Concello de Mugardos.

c) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Total IVE incluído: 10.456.398 pesetas, 62.844,22 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: 209.427 pesesetas.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Mugardos. Secretaría.

b) Enderezo: avda. de Galicia, 45.

c) Localidade e código postal: Mugardos, 15620.

d) Teléfono: 981 47 03 38-981 47 02 90.

e) Fax: 981 47 20 17.

f) Data límite de obtención de documentos: ata as 13 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: ver cláusulas 12.2 do prego.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: das 9 ás 13 horas dentro do prazo de trece días naturais, contado desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, segundo proceda.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en dous sobres pechados:

-Sobre A, subtitulado: «Documentación», conterá a proposición económica formulada de conformidade co modelo que figura no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Sobre B, subtitulado: «Oferta económica e referencias técnicas», conterá a documentación esixida na cláusula 12.2 do prego.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Concello de Mugardos.

2. Enderezo: avda. de Galicia, 45.

3. Localidade e código postal: Mugardos, 15620.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Mugardos (salón de sesións).

b) Enderezo: avda. de Galicia, 45.

c) Localidade: Mugardos.

d) Data: terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas (agás os sábados, que pasará ó luns seguinte).

e) Hora: 12 da mañá.

10. Outras informacións.

Secretaría, no primeiro andar da casa do concello.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Pregos.

É de aplicación o prego de cláusulas administrativas xerais aprobado pola Comisión de Goberno o día 19-7-2001.

Mugardos, 2 de agosto de 2001.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde