Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de xullo de 2001, aprobou a contratación por concurso, vía de urxencia, da obra de acceso ós novos xulgados e Centro Álvaro Cunqueiro, pola contía de 32.000.003 pesetas (IVE incluído).

Presentación de proposicións: secretaría do concello (praza do Concello nº 1) das 9 ás 14 horas, durante o prazo de trece días naturais contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Clasificación do contratista: G.6.c.

Apertura de proposicións: na casa do concello ás 12.30 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. No caso de ser sábado realizarase o luns posterior.

Exposición do expediente: o prego de cláusulas administrativas e o resto da documentación do expediente poderanse examinar na secretaría do concello en horas de oficina.

Mondoñedo, 31 de xullo de 2001.

Luis Rego Valcarce

Alcalde