Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

EDICTO.

Aprobados pola Comisión de Goberno do Concello de Meis os pregos de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexerán as contratacións, por concurso con procedemento aberto e tramitación urxente, das seguintes obras:

Saneamento de praza pública en Vilar, do POL/2001.

Tipo de licitación: 17.749.757 pesetas (106.678,19 euros).

Acceso a Quintáns, Mouxán, As Portelas, A Medoña.

Tipo de licitación: 11.468.841 pesetas (68.929,12 euros).

Quedan expostos ó público durante catro días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de presentación de reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aplazará no caso de presentarse reclamacións ó prego de cláusulas administrativas.

a) Obxecto e prezo de licitación: descritos no parágrafo anterior.

b) Tramitación, procedemento e forma de adxudicación do expediente: tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma: concurso.

c) Garantías:

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

d) Prazo de execución: seis meses.

e) Obtención de documentación e información:

O modelo de proposición, pregos de cláusulas administrativas e demais documentación están á disposición dos interesados nas oficinas municipais, tódolos días hábiles das 9 ás 14 horas.

f) Presentación de proposicións: nas oficinas deste concello, das 9 ás 14 horas, no prazo de trece días naturais a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

g) Criterios de adxudicación: melloras no proxecto técnico. Obras de natureza análoga.

h) Apertura de proposicións: no salón de sesións do concello, ás 13 horas do día 17 de setembro.

Meis, 2 de agosto de 2001.

O alcalde

Rubricado