Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Lalín, en sesión que tivo lugar o día 31 de xullo de 2001, aprobou inicialmente o documento de modificacións puntuais do Plan Xeral

de Ordenación Municipal (PXOM) de Lalín, de iniciativa municipal, redactado polo arquitecto e asesor urbanístico do concello, Javier Bugallo Thielen.

De conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lalín, 1 de agosto de 2001.

O concelleiro delegado de Urbanismo

Rubricado