Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva da II modificación do estudio de detalle da unidade de actuación Fraga (expediente 5916/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 26 de abril de 2001, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro: aprobar definitivamente a segunda modificación do estudio de detalle de ordenación de volumes e sinalamento de rasantes da unidade de actuación, hoxe polígono Fraga, segundo documentación presentada pola xunta de compensación da unidade de actuación, redactada polos arquitectos Arturo e Eduardo Fraga Fernández, visada polo colexio oficial correspondente o 29 de marzo de 2000, conforme a documentación da súa aprobación inicial, expediente 5916/411.

Segundo: proceder á publicación da aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, BOP, con notificación individual ós propietarios afectados.

Terceiro: requirir á xunta de compensación da unidade de actuación para que presente ante esta Xerencia de Urbanismo a documentación precisa para tramita-la correspondente modificación do proxecto de urbanización aprobado definitivamente polo Consello da Xerencia o 15 de novembro de 1996, e que responda á modificación do estudio de detalle que definitivamente se aproba».

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 21 de maio de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo