Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T. e R.B.T. Maceda Leste 2F, no concello de Maceda. (Expediente IN407A 01/102-3 A.T.).

Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentos ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións, ás que se lle deu traslado á empresa beneficiaria da instalación eléctrica: Manuel Álvarez Orth, titular do predio nº 8 da relación de afectados, expón que non existen razóns de interese público para a modificación do trazado actual e o trazado proposto resulta máis gravoso para os seus intereses liberando de servidume ó predio colindante. Estas alegacións, á vista da documentación presentada e da contestación dada a aquelas polo promotor, desestímanse xa que a liña eléctrica proxectada, que substitúe á existente polo mesmo trazado, está deseñada para incrementa-la seguridade e fiabilidade do servicio na zona de distribución afectada, con obxervancia, en canto á utilidade pública, do procedemento previsto no artigo 52 e seguintes da citada Lei 54/1997; os prexuízos económicos que lle poida causa-la instalación ó afectado non son obxecto de valoración nesta fase do procedemento e serán valorados polo órgano

competente na materia, logo de ve-las follas de valoración contradictorias que presenten as partes.

Vista sobre o terreo a citada traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que naquela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refieren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966, resolvo:

1. Autorizar a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da instalación eléctrica, conforme o seu proxecto modificado presentado o 1-6-2001, que conta as seguintes datos básicos para un orzamento de 3.558.486 pesetas (21.386,93 euros):

-Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 881 m, en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, derivada desde a liña Xunqueira de Ambía-Vixueses e con final no C.T. aéreo existente Uteco-Cubelo.

2. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

3. Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comenzo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, os predios contidos na resolución desta delegación provincial do 10 de novembro de 2000, que se publicou no DOG do 28 de decembro, no BOP de Ourense do 11 de decembro e no xornal diario La Región do 22 de novembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 20 de xuño de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense