Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2001 pola que se anuncia a contratación dunha asistencia técnica para a realización dunha auditoría de sistemas e procedementos de operacións cofinanciadas con fondos estructurais. Período 1994-1999.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a contratación dunha asistencia técnica por concurso público aberto que terá por obxecto a realización de auditorías de sistemas e procedementos de operacións cofinanciadas con fondos estructurais. Período 1994-1999.

1. Entidade adxudicadora.

Consellería de Economía e Facenda.

2. Obxecto dos contratos.

Descrición: realización dunha auditoría de sistemas e procedementos de operacións cofinanciadas con fondos estructurais. Período 1994-1999, de acordo co detalle seguinte:

ANEXO I

ÓRGANOS XESTORES QUE SE AUDITARÁN POR LOTES

LOTECONSELLERÍAUNIDADE XESTORAFORMAS DE INTERVENCIÓNORZAMENTO LOTE

Nº 1POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDAD.X. DE OBRAS PÚBLICASFEDER, P.O. DE GALICIA

INTERREG II

O.A. AUGAS DE GALICIAFEDER, P.O. DE GALICIA

INTERREG II6.000.000 (36.060,73 A)

LOTECONSELLERÍAUNIDADE XESTORAFORMAS DE INTERVENCIÓNORZAMENTO LOTE

Nº 2INDUSTRIA E COMERCIOD.X. DE INDUSTRIAFEDER, P.O. DE GALICIA

D.X. PROGRAMAS INDUSTRIALINICIATIVA COMUNITARIA ADAPT4.000.000 (24.040,48 A)

Nº 3ECONOMÍA E FACENDAD.X. DE PLANIFICACIÓN ECONÓMICAFEDER P.O. DE GALICIA

IGAPEFEDER P.O. DE GALICIA

INTERREG II5.200.000 (31.252,63 A)

Nº 4AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIAD.X. DE DESENVOLVEMENTO RURALFEOGA-ORIENTACIÓN, P.O. DE GALICIA

LEADER II-GALICIA

D.X. DE PRODUCCIÓN AGROPECUARIA E INDUSTRIAS AGROALIMENTARIASFEOGA-ORIENTACIÓN, P.O. DE GALICIA

5.200.000 (31.252,63 A)

Nº 5EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIAD.X. DE ORDENACIÓN EDUCATIVA E FORMACIÓN PROFESIONALFSE, P.O. Nº 94.0129.ES.12.000.000 (12.020,24 A)

Nº 6SANIDADE E SERVICIOS SOCIAISD.X. DE SERVICIOS SOCIAISINICIATIVA COMUNITARIA EMPREGO2.000.000 (12.020,24 A)

Nº 7FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDED.X. DE FORMACIÓN E COLOCACIÓNFSE, P.O. Nº 94.0129.ES.1

PLAN F.I.P.

D.X. DE FOMENTO DO EMPREGOPOLÍTICAS ACTIVAS TRANSFERIDAS DO INEM5.200.000 (31.252,63 A)

Nº 8PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURAD.X. DE ESTRUCTURAS PESQUEIRAS E MERCADOSINICIATIVA COMUNITARIA PESCA

IFOP C (94) 3299 DE 2-12-1994

D.X. DE FORMACIÓN PESQUEIRA E INVESTIGACIÓNINICIATIVA COMUNITARIA PESCA

D.X. DE RECURSOS MARIÑOSIFOP C (94) 3299 DE 2-12-19947.200.000 (43.272,87A)

Nº 9MEDIO AMBIENTED.X. DE MONTESFEOGA-ORIENTACIÓN, P.O. DE GALICIA

INTERREG II3.200.000 (19.232,39 A)

TOTAL LOTES

40.000.000 (240.404,84 A)

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

O orzamento máximo de licitación é o que está detallado no cadro que figura no punto 2. Os importes entenderanse en pesetas co IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento establecido como base da licitación do lote ou lotes polos que se presenten ofertas.

Definitiva: 4% do importe do lote ou lotes adxudicados.

6. Obtención de documentación e información.

a) Consellería de Economía e Facenda. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

b) Domicilio: edificio administrativo nº 3 San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15705.

d) Teléfono: 981 54 41 70.

e) Telefax: 981 54 49 44.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Outros requisitos: estar inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas como exercente.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo quinto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do día 10 de setembro de 2001, na sala B da Consellería da Presidencia e Administración Pública, en San Caetano (Santiago de Compostela).

10. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda