Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 317/2000).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Xesteira e Son de Arriba (Santiago de Compostela).

Liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 490 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta o C.T. Balsoma (expte. 29075), e final no C.T. Xesteira-Son de Arriba, que se vai instalar. Centros de transformación, tipo intemperie de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Xesteira-Son de Arriba, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 765 m de lonxitude, que se conecta a rede existente no termo municipal de Santiago de Compostela.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 13-2-2001, e no BOP do 27 de xaneiro, no xornal La Voz de Galicia do día 16 de xaneiro e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Santiago de Compostela, ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Así mesmo, comprobouse que as relacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poder ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57.B. da devandita Lei e artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, e 2619/1966, do 20 de outubro sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 21 de xuño de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña