Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.859

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A. para o ano 2001.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A., (código de convenio nº 8200162), que se subscribiu coa data do 20 de abril de 2001, entre a representación da empresa e dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o artigo 2 do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

Revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A., para o periodo do 1-1-2001 ó 31-12-2001, ambos inclusive

Asistentes:

En representación da dirección da empresa:

Faustino Rodríguez González.

José Carlos Rodríguez Caamaño.

Representantes dos traballadores:

Enrique Domínguez Esporas.

J. Antonio Gómez Rey.

Jesús Martínez Rivero.

Antonio M. Meilán Pita.

Manuel Rama Bello.

Roberto Pena López.

Manuel Salgado Rodríguez.

Manuel Santiso Pazo.

J. Manuel Sanmartín Redondo.

Na cidade da Coruña, o vinte de abril de dous mil un, ás doce horas, reúnense nas oficinas sitas no polígono da Grela, r/ Gambrinus 2 ó 10, as persoas á marxe relacionadas, membros da comisión deliberadora para a revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A., propietario da fábrica de cervezas La Estrella de Galicia. As súas respectivas representacións recoñécense mutuamente, lexitimándose reciprocamente.

Aberto o acto, procédese a dar lectura ó artigo 6º punto terceiro do vixente convenio colectivo que é do seguinte teor:

Artigo 6º.-Terceiro.-Haberá unha revisión salarial a partir do un de xaneiro de 2001, que se fará de mutuo acordo polas partes. Para calcular esta revisión salarial teranse por base os conceptos retributivos correspondentes a 2000 incrementados coa recuperación, se procede, obxecto deste artigo.

Acto seguido e logo de deliberar sobre o particular, ámbalas representacións, unanimemente, acordan aproba-la revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A., e que terá vigor desde o 1-1-2001 ata o 31-12-2001, ambos inclusive, e nos seguintes termos:

Primeiro.-Os salarios base para as distintas categorías profesionais serán os seguintes:

NivelDirectivos, mandos e técnicos tituladosAdministrativo e comercialProducción e servicios auxiliaresSalario base mes/díaCoef.

1Director195.5182,00

2Mestre cerv., xefes mto. e proceso datos

Xefe de primeira

175.966

161.303

1,80

1,65

3Xefe de segunda

Titulado superior

146.639

146.639

1,50

4Titulado medio

Encargado

Inspector de primeira

Encargado

136.863

136.863

1,40

5Inspector de segunda

Oficial de primeira advo.

Oficial de primeira lab/mto.

Oficial primeira xefe de equipo

127.087

127.295

4.195

1,30

6

Oficial de segunda advo.

Promotor de vendas

Oficial de primeira esp. oficio

Subalterno primeira xefe equipo

Oficial de segunda lab./mto.

4.034

122.199

122.329

122.199

1,25

7Prevendista

Aux. administ.

Auxiliar laboratorio/Mantem.

Oficial de segunda esp. oficio

117.311

117.311

3.872

1,20

8Recepcionista-telefonistaSubalterno de primeira

Oficial de terceira

112.423

3.711

1,15

9Auxiliar recepción-ordenanzaAxundante especialista de ofic.

Subalterno de segunda

3.550

107.535

1,10

10Auxiliar de primeira

Auxiliar de segunda

3.388

3.227

1,05

1,00

Ademais dos salarios que se sinalan na táboa que antecede, os traballadores percibirán as pagas extraordinarias e demais complementos que se especifican no vixente convenio colectivo e nos epígrafes seguintes desta revisión.

Segundo.-O complemento de convenio estipulado no artigo 13º do vixente convenio colectivo, queda establecido en 34.523 pesetas, nas mesmas condicións establecidas no mencionado artigo.

Terceiro.-O complemento de asistencia regulado nos artigos 15º e 16º queda establecido en 919 pesetas, nas mesmas condicións estipuladas nos referidos artigos do vixente concenio colectivo.

Cuarto.-A partir da entrada en vigor da presente revisión salarial, o persoal que viña percibindo axudas de custo polo desempeño das súas funcións fóra do termo municipal do seu centro de traballo pasará a cobralas nas seguintes contías:

Inspectores e promotores de vendas:

Axuda de custos completa: 6.020 pesetas.

Media axuda de custos: 3.010 pesetas.

Prevendistas, persoal de reparto e/ou mantemento:

Axuda de custos completa: 3.710 pesetas.

Media axuda de custos: 1.225 pesetas.

Os directores e xefes de departamentos e sección viaxarán con gastos por xustificar.

Quinto.-As comisións e compensacións por reparto que percibe o persoal de distribución e/ou reparto en compensación da posible prolongación da xornada de traballo e de calidade do servicio prestado, a partir do 1-1-2001, serán as que a continuación se indican:

Cervexa:

Barril de 50 litros: 95,60 pesetas.

Barril de 30 litros: 57,60 pesetas.

Caixa de 1/3: 13,34 pesetas.

Caixa de 1/5: 11,36 pesetas.

Caixa de 1/: 9,64 pesetas.

Caixas de latas, 1906 e HR (24 unidades): 13,34 pesetas.

Caixas de 1906 e HR (12 unidades): 6,68 pesetas.

Auga:

Caixa de 1œ (PET): 13,34 pesetas.

Caixa de 1/2, 1/3 e 1/4 (PET): 9,64 pesetas.

Caixa de 1/1 (cristal): 13,34 pesetas.

Caixa de 1/2 e 1/3 (cristal): 11,36 pesetas.

Os importes anteriores aboaranse por cada barril e/ou caixa de cervexa e auga vendida e percibiraos ó 100% o vendedor-repartidor cando realice a ruta

el só. Se a ruta a comparte con outra persoa ou se realiza pre-venda, o vendedor-repartidor percibirá o 50% e o acompañante ou prevendista o outro 50%.

Sexto.-O complemento de indemnización previsto no artigo 25º, punto 2, durante a prórroga especial da incapacidade temporal (de 18 a 30 meses) queda establecido en 13.022 pesetas, mensuais, nas mesmas condicións establecidas no referido artigo.

Sétimo.-A asignación por xubilación que se prevé no artigo 27º do vixente convenio colectivo mantense provisionalmente coas mesmas contías que no ano 2000, dado que continúan as negociacións referidas ó epígrafe de melloras sociais, tal como se sinalou na disposición derradeira do texto do convenio colectivo 2000-2001. Se ó remata-lo presente ano non se acadase ningún acordo neste epígrafe, as asignacións mensuais previstas no referido artigo 27º se incrementarán nun 2%, aplicándose con efecto retroactivo ó 1 de xaneiro de 2001.

Oitavo.-A gratificación regulada no artigo 30º por festividade da padroa queda establecida en 25.000 pesetas.

Noveno.-A xornada que se traballe en sábados non festivos, regulada no artigo 45º, queda establecida en 7.000 pesetas para 4 horas e en 12.000 pesetas para 8 horas.

Décimo.-A bolsa de vacacións estipulada no artigo 46º, punto 3, do vixente convenio colectivo queda establecida en 55.000 pesetas, nas mesmas condicións que especifica o mencionado artigo.

Décimo primeiro.-No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo (IPC), rexistre o 31 de decembro de 2001 un crecemento superior ó 3,50%, efectuarase unha revisión salarial equivalente á dita diferencia.

A revisión levarase a cabo unha vez que constate oficialmente o Instituto Nacional de Estatísca o IPC real de 2001 e, cando proceda, aboarase con efectos do 1 de xaneiro do dito ano.

Décimo segundo.-Tódolos demais termos do vixente convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A. non sofren ningunha variación.

Por último, e trala lectura do contido desta acta, ámbalas partes dan por finalizada a reunión, con acordo na revisión salarial do convenio colectivo para o período 1-1-2001 ó 31-12-2001, ambos inclusive, levando a reunión ás trece horas do día no encabezamento indicado.

En proba de conformidade de canto antecede asinan os presentes este acta, acordando inicia-los trámites legais oportunos para o rexistro, depósito e publicación deste acordo.