Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 09 de agosto de 2001 Páx. 10.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, en sesión do 30 de xullo de 2001, aprobou definitivamente o expediente do proxecto de reparcelación do Plan Parcial do Solo Urbanizable non Programado nº 37 (SUNP-37) na Costa Vella (1º sector), redactado por Emuvissa.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2001.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde