Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 09 de agosto de 2001 Páx. 10.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 26 de xullo de 2001, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 2 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilagarcía de Arousa.

O que se fai público, facendo constar que o expediente estará exposto ó público polo prazo dun mes a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examina-lo expediente no departamento de Urbanismo do concello e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo, de conformidade co establecido no artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Vilagarcía de Arousa, 30 de xullo de 2001.

Joaquín J. Gago López

Alcalde