Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 09 de agosto de 2001 Páx. 10.827

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal cualificador do concurso-oposición para a categoría de persoal de servicios xerais (PSX), convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 63, do 29 de marzo).

Esta división fai público o acordo do tribunal cualificador da categoría de PSX pola que se concreta a folla de cálculo e procesador de textos sobre a que se desenvolverá a proba informática que, como segundo exercicio da fase de oposición, se prevé no parágrafo 2º da letra G do anexo III da referida convocatoria. Así, esta división

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o acordo do tribunal cualificador nos termos seguintes:

A segunda proba da fase de oposición consistirá nun exercicio en ordenador persoal, no que o aspi

rante resolverá as cuestións propostas polo tribunal coas seguintes ferramentas, tal como se establece na convocatoria:

Procesador de textos: Microsoft Word 2000.

Folla de cálculo: Microsoft Excel 2000.

O exercicio poderá esixi-la utilización do procesador de textos, folla de cálculo ou o conxunto de ambos.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos