Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 09 de agosto de 2001 Páx. 10.827

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se completa a relación de aspirantes definitivamente seleccionados no concurso-oposición convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998.

A base novena da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que unha vez realizados os actos de elección de destino definitivo, realizado un curso selectivo de carácter teórico-práctico impartido pola Escola Galega de Administración Sanitaria, e unha vez superado con declaración de aptitude o dito curso, a autoridade convocante publicará unha resolución no Diario Oficial de Galicia declarando rematado o concurso-oposición, nomeando os aspirantes seleccionados como persoal estatutario fixo do Servicio Galego de Saúde na categoría correspondente e adxudicando con carácter de destino definitivo a praza correspondente.

Para tal fin, a Resolución do 9 de outubro de 2000 (DOG nº 202, do 18 de outubro), da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, declara rematado o concurso-oposición para o acceso a determinadas categorías de persoal estatutario do Sergas, nomeánse os aspirantes seleccionados como persoal estatutario fixo do organismo e adxudicáselles con carácter de destino definitivo a praza correspondente.

Como consecuencia da estimación de varios recursos en vía administrativa, e elevada a oportuna proposta de exclusión dalgúns aspirantes seleccionados, cómpre que este centro directivo cubra as ditas prazas cos aspirantes que cumpran coas condicións esixidas nas bases da convocatoria e que superasen a fase de oposición, en función da orde final de puntuación acadada, alterándose deste xeito a proposta inicial do respectivo tribunal.

Certificada pola Escola Galega de Administración Sanitaria a superación do curso selectivo de carácter teórico-práctico por parte dos novos opositores seleccionados, cómpre o seu nomeamento como persoal estatutario fixo do Servicio Galego de Saúde e a adxudicación con carácter de destino definitivo da praza correspondente.

Polo tanto, este centro directivo

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear como persoal estatutario fixo do Servicio Galego de Saúde os seguintes aspirantes seleccionados, que superaron o concurso-oposición convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998, e adxudicarlles con carácter de destino definitivo a praza correspondente, nas categorías que se indican:

Auxiliar de enfermería: María Luisa Gómez Irago; DNI: 33276040.

Destino: C.H. Universitario de Santiago de Compostela.

Celador: Alberto Rodríguez Fernández; DNI: 34960076.

Destino: C.H. de Ourense.

Pinche: Concepción Nanín Outumuro; DNI: 34936705.

Destino: Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras.

Segundo.-Os aspirantes nomeados disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada no centro de xestión ó que pertenza esta. O cómputo do dito prazo iniciarase o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Cesar, para estes efectos, definitivamente na súa condición como persoal estatutario fixo do Servicio Galego de Saúde, os seguintes aspirantes:

Auxiliar de enfermería: Fe Pardo Gómez; DNI: 33821922.

Celadora: María del Rocío Hermida Cebey; DNI: 36088041.

Pinche: Paulina Moure Rivera; DNI: 35213698.

Cuarto.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, no prazo de dous meses, contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este centro directivo.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos