Convocado concurso-oposición para o ingreso na categoría de auxiliar da función administrativa, esta división fai público o acordo do tribunal cualificador da categoría de auxiliar da función administrativa, pola que se concreta a folla de cálculo e procesador de textos sobre a que se desenvolverá a proba informática que, como segundo exercicio da fase de oposición, se prevé no parágrafo 2º da letra G do anexo III da referida convocatoria. Así, esta división
RESOLVE:
Primeiro.-Facer público o acordo do tribunal cualificador nos termos seguintes:
A segunda proba da fase de oposición consistirá nun exercicio en ordenador persoal, no que o aspirante resolverá as cuestións propostas polo tribunal coas seguintes ferramentas, tal como se establece na convocatoria:
Procesador de textos: Microsoft Word 2000.
Folla de cálculo: Microsoft Excel 2000.
O exercicio poderá esixi-la utilización do procesador de textos, folla de cálculo ou o conxunto de ambos.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.
Valeriano Martínez García
Director xeral da División de Recursos Humanos