Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 08 de agosto de 2001 Páx. 10.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO de licitación.

Por resolución da alcaldía-presidencia con data do 27 de xullo de 2001, aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento aberto por poxa, en tramitación urxente, da obra denominada beirarrúas travesía de Casaio, incluída no Plan provincial de cooperación do ano 2001.

1. Obxecto: execución de beirarrúas travesía de Casaio, incluída no Plan provincial de cooperación do ano 2001.

2. Orzamento: tipo de licitación: 16.277.500 pesetas (97.829,75 euros).

3. Forma de adxudicación: procedemento: aberto por poxa. Tramitación: urxente.

4. Prazo de execución: 4 meses.

5. Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: o expediente de contratación e o prego de condicións particulares expóñense ó público durante catro días desde a súa publicación no BOP. Os interesados poden obte-la información que consideren oportuna na secretaría do Concello de Carballeda de Valdeorras (Sobradelo). Teléfono: 988 33 50 02. Fax: 988 33 53 79. A data límite para obtención de documentación e información será a de finalización do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos do contratista: persoa física ou xurídica. Clasificación: non se esixe.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, de conformidade co modelo que figura no prego de condicións, presentaranse no rexistro xeral do concello, ata as 14 horas do décimo terceiro (13) día natural seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP e no DOG (data da última publicación), xuntando a documentación que se especifica no prego de condicións.

9. Apertura de plicas e proposta de adxudicación: terá lugar en acto público no salón de sesións do concello, ás 12 horas do día seguinte hábil (agás sábado) a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas, formulándose a proposta oportuna de adxudicación.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Carballeda de Valdeorras, 27 de xullo de 2001.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa