Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 08 de agosto de 2001 Páx. 10.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO de licitación.

Por resolución da Alcaldía-Presidencia, do 30 de xullo de 2001, aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento aberto por poxa, en tramitación urxente, das obras incluídas no Fondo de Cooperación Local do ano 2001, relacionadas no anexo I deste edicto.

1. Obxecto: execución das obras incluídas no Fondo de Cooperación Local do ano 2001, relacionadas no anexo I, con especificación do orzamento e prazo de execución de cada obra.

2. Orzamento: o especificado no anexo I para cada obra.

3. Forma de adxudicación: procedemento: aberto por poxa. Tramitación: urxente.

4. Prazo de execución: o especificado no anexo I para cada obra.

5. Garantías:

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: o expediente de contratación e prego de condicións particulares expóñense ó público durante catro días desde a súa publicación no BOP. Os interesados poden obte-la información que consideren oportuna na Secretaría do Concello de Carballeda de Valdeorras (Sobradelo). Telf.: 988 33 50 02; fax: 988 33 53 79. A data límite para a obtención de documentación e información será a de finalización do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos do contratista: persoa física ou xurídica. Clasificación: non se esixe.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, de conformidade co modelo que figura no prego de condicións, presentaranse no rexistro xeral do concello, ata as 14 horas do décimo terceiro (13) día natural seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia (data da última publicación), xuntando a documentación que se especifica no prego de condicións.

9. Apertura de plicas e proposta de adxudicación: terá lugar en acto público no salón de sesións do concello, ás 12 horas do día seguinte hábil (agás sábado) a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas, formulándose a proposta oportuna de adxudicación.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario, rateados en proporción ó orzamento de cada obra.

Carballeda de Valdeorras, 30 de xullo de 2001.

Mª Carmen Glez. Quintela

Alcaldesa

ANEXO

Nº de obraDenominaciónOrzamento

de contrato

Prazo de

execución

Clasificación

1/FCL/2001Renovación rede abastecemento no Trigal8.810.000 ptas.3 mesesNon se esixe

2/FCL/2001Ampliación e reparación do depósito de auga en Sobradelo6.800.000 ptas.3 mesesNon se esixe

3/FCL/2001Reparación rede saneamento (colector de Casaio)2.958.558 ptas.2 mesesNon se esixe