Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 08 de agosto de 2001 Páx. 10.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2001 pola que se anuncian concursos públicos, por procedemento aberto, para a adxudicación das asistencias que se citan.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita os expedientes: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Nº de expedientes: 307/2001 e 301 CC/2001.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición do obxecto expediente 307/2001: codirección facultativa de arquitecto e coordinación de seguridade e sáude da obra correspondente á ampliación da ETS de enxeñeiros de telecomunicación e nova ETS da enxeñeiros de minas.

b) División en lotes 307/2001: lote 1: codirección arquitecto: lote 2: coordinación de seguridade e saúde.

c) Descrición do obxecto expediente 301 CC/2001: control de calidade da obra correspondente á ampliación da ETS de enxeñeiros de telecomunicación e nova ETS de enxeñeiros de minas.

d) Lugar de execución: Vigo-Campus das Lagoas-Marcosende.

e) Prazos de execución: os indicados no punto 6 da FRC dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. Forma: concurso público.

4. Orzamentos base de licitación.

Expediente 307/2001: Lote 1: 10.930.808 pesetas (65.695,47 euros); lote 2: 4.588.241 pesetas (27.575,88 euros).

Expediente 301 CC/2001: 15.112.619 pesetas (90.828,66 euros).

5. Garantías: as indicadas nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Dirección: r/ Areal, 46-anexo-3ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Telefax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. Enderezo: r/ Areal, 46-edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo-36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 27 de xullo de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo