Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 08 de agosto de 2001 Páx. 10.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación do arrendamento de servidores e software de base NT para o Servicio Galego de Saúde. (S-

371/2001).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, 15781 Santiago de Compostela. (www.sergas.es).

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3.

a) Lugar de entrega dos bens obxecto da subministración: en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar:

-CPV: 30261200.

-Cantidade:

* 1 de outubro de 2001: servidores tipo A: 6; servidores tipo B: 8; servidores tipo C: 6.

* 1 de xaneiro de 2002: servidores de tipo A: 10; servidores de tipo B: 14; servidores de tipo C: 10.

* 1 de xaneiro de 2001: servidores tipo A: 10; servidores tipo B: 14; servidores tipo C: 10.

-Orzamento total: douscentos corenta e un millóns setecentas cincuenta e catro mil catrocentas pesetas (241.754.400 pesetas), equivalentes a 1.452.973,21 euros.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: pola totalidade.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: 20 días naturais como máximo, contados desde a petición.

5.

a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: vid supra, punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 22 de agosto de 2001.

6.

a) Data límite de recepción das proposicións: 28 de agosto de 2001.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sito en (vid supra, punto 1).

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.

a) Persoas admitidas a asistir á apertura das proposicións: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte), Santiago de Compostela, a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Garantías esixidas: garantía provisional do 2% do orzamento de licitación.

9. Modalidades esenciales de financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboamento en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter eco

nómico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa proposición: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Admisión de variantes: non.

15. Información complementaria: en (vid supra, punto 1)

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 1-6-2001.

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 1 de agosto de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos