Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 07 de agosto de 2001 Páx. 10.719

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (267/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 267/2001, seguidos por instancia de Eva María González Arias contra a empresa Alfredo Sousa e Hijos, S.L. e outro, sobre despedimento, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

Sentencia.-Lugo, 26 de xuño de 2001.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 267/2001, sobre reclamación por despedimento, no que son partes, como demandante, Eva María González Arias, representada pola graduado social Victoria Eugenia López Díaz e, como parte demandada, a empresa Alfredo Sousa e Hijos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron, malia estaren citados en legal forma.

Decido que estimando a demanda imterposta por Eva María González Arias, sobre despediemnto contra a empresa Alfredo Sousa e Hijos, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), debo declarar e declaro a súa improcedencia e, en consecuencia, debo condenar e condeno a dita empresa a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentencia, opte entre a readmisión da traballadora González Arias ou o aboamento dunha indemnización de oitocentas dez mil cincocentas corenta pesetas (810.540 pesetas), entendéndose que, de o empresario non optar pola readmisión ou pola indemnización, procede a primeira, e, ademais, nun e noutro caso, o pagamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento (2-3-2001) ata o día 13-3-2001, a razón de 3.800 pesetas brutas diarias de soldo e que totalizan trinta e oito mil pesetas (38.000 pesetas). Absólvese o Fondo de Garantía Salarial sen prexuízo da súa ulterior responsabilidade, no caso de ser declarada a insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-61- nº de autos 267/2001, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco de Bilbao-Vizcaya desta cidade, na rúa da Raíña nº 1, a cantidade

obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 25.000 pesetas prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65- nº de autos 267/2001 do Banco Bilbao Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-la empresa demandada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Alfredo Sousa e Hijos, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o vinteseis de xuño de dous mil un.