Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 07 de agosto de 2001 Páx. 10.718

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (858/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 858/2000, seguidos por instancia de Mª Belén Manteiga Quizá e outros, contra Isabel Rico, S.L. e outros, sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 27-3-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando en parte a demanda interposta por María Belén Manteiga Quizá, Sonia María Doeijo Ventura e Sonia Ogando Fuentes, contra as empresas Isabel Rico, S.L., División Estética Pool, S.L. y María Isabel Rico Rodríguez, debo condenar e condeno as ditas demandadas a que, conxunta e solidariamente, fagan o pagamento ás demandantes das seguintes cantidades: a María Belén Manteiga Quizá, de 38.750 pesetas, a Sonia María Doeijo Ventura, de 33.943 pesetas e a Sonia Ogando Fuentes 136.000 pesetas.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para lles sirva de notificación a División Estética Pool, S.L. e María Isabel Rico Rodríguez, que tiveron o seu último enderezo coñecido en r/ Real, 51, 1º, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 21 de xuño de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado