Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 07 de agosto de 2001 Páx. 10.718

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 19 de xullo de 2001 pola que se anuncia a convocatoria de prazas de persoal laboral fixo para o ente público Portos de Galicia.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 147, do martes 31 de xullo de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 10.425, no punto 5.3, onde di: «o presidente de Portos de Galicia», debe dicir: «un técnico do cadro de persoal de Portos de Galicia».