Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de urbanización da U.E. 5-A/B do PERI IV-05 travesía de Vigo-Aragón. (Expediente 4222/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 7 e xuño de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da U.E. 5-A/B do PERI IV-05-travesía de Vigo-Aragón, presentado pola xunta de compensación do devandito polígono con memoria e planos asinados polo arquitecto José M. Alonso Ogando, visados polo COAG no 10-5-2000 e 21-8-2000, e con estudio de seguridade e saúde redactado por Jesús de la Iglesia Santos e visado polo colexio de aparelladores no 8-5-2000 (expediente 4222/401).

Segundo.-Somete-lo presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia, e notificación individualizada ós interesados por este, na forma legalmente prevista.

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do mes, contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación. O expediente

está á disposición do público no departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do art. 59 da Lei de de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados.

Vigo, 13 de xullo de 2001.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo