Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.

c) Número de expediente: 198/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reurbanización das rúa da Rosa, Fernando III O Santo e San Pedro de Mezonzo.

b) División por lotes e número: lote único.

c) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 133.000.000 de pesetas (799.346,09 euros), incluído IVE.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Documentación: Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo, 19-21. 15706 Santiago de Compostela. Teléfono e fax: 981 59 33 85.

Información: Concello de Santiago de Compostela (contratación). Praza do Obradoiro, 1. 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 23 75 e fax: 981 57 76 27.

Data límite de obtención de documentos e información: 13 días naturais contados a partir da derradeira publicación realizada no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: (grupos, subgrupos e categoría): G.6.e.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir da derradeira publicación realzada no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 12 do prego de condicións administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: concello de Santiago de Compostela (rexistro xeral).

2ª Domicilio: rúa da Trindade, 1. (Pavillón da Trindade).

3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (secretaría). Pr. do Obradoiro, 1.15705 Santiago de Compostela.

b) Data: segundo día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación son os seguintes: a) Reducción de prazos, de 0 a 10 puntos. b) Oferta económica, de 0 a 20 puntos. c) Programa de control interno de calidade: de 0 a 5 puntos.

Así mesmo, exponse ó público o prego que rexe a licitación durante o prazo de 8 días no Negociado de Contratación para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2001.

P.D.

Luís Toxo

Tenente alcalde