Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

EXTRACTO da convocatoria, bases xerais e expecíficas da praza do cadro de persoal laboral, que a continuación se relaciona, reservada a promoción interna, para prover polo sistema de concurso-oposición, vacante na relación de postos de traballo para 2001 da Deputación Provincial de Lugo.

No BOP de Lugo, número 133, do 12 de xuño de 2001, publícase a convocatoria, así como as bases xerais e específicas para a provisión da praza do cadro de persoal laboral, que a continuación se relaciona, vacante na RPT desta entidade para o ano 2001, para prover polo sistema de concurso-oposición, reservado a promoción interna:

Nº de prazas: 1.

Denominación: auxiliar técnico informático.

Grupo: C.

Presentación de instancias: dirixiranse ó presidente da Deputación Provincial de Lugo, no modelo que figura como anexo I das bases xerais, e que se facilitará no Negociado de Selección, Promoción e Carreira (Sección de Administración Persoal) desta deputación provincial. Presentaranse no rexistro xeral desta entidade, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

E para que conste expresamente que os sucesivos anuncios que se deriven da convocatoria se publicarán no BOP de Lugo e/ou no taboleiro de edictos desta corporación.

Lugo, 14 de xuño de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo