Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do contrato de compravenda e lanzamento da vivenda do expediente de desafiuzamento D-1/2000, dovolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con

esta data resolvín publica-la resolución do contrato de compravenda e o lanzamento da vivenda do adxudicatario que se sinala no anexo, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O interesado poderá presentar contra a devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, recurso de alzada no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial.

O que se lle notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Ourense, 18 de xullo de 2001.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente D-1/2000.

Ocupante: Manuel Maseda Sixto.

Último enderezo coñecido: grupo Virgen do Cristal, bl. 1, 3º esq. Celanova.

Feitos: falta de pagamentos dos recibos da vivenda.

Precepto aplicable: cláusula 3ª do contrato de compravenda e art. 1.506 do Código Civil, e art. 13.8º do Regulamento de vivendas de protección oficial, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.