Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2001, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 3CCP/01, que ten por obxecto a adquisición de equipos de administración de fluídos.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, e para dar cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, acorda dar publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministracións.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga nº 3.

c) Número de expediente: 3CCP/01.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipos de administración de fluídos.

Lote 1. Equipo goteo dosificador 150 ml (microgotero).

Lote 2. Equipo goteo estándar en Y.

Lote 3. Dosificador de precisión.

Lote 4. Goteo sen toma de aire.

c) Anuncio de licitación publicado no BOE número 34, do 8 de febreiro e no DOG número 33, do 15 de febreiro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: 117.202.485 pesetas (IVE engadido) (cento dezasete millóns duascentas dúas mil catrocentas oitenta e cinco pesetas) (704.401,12 euros).

5. Adxudicacións:

a) Data: 20 de xuño de 2001.

b) Contratistas:

Lote 1: Abbott Laboratories, S.A.

R/ Josefa Valcárcel, 48, 28027 Madrid.

Lote 2: Sendal, S.A.

R/ Gran Vía Seat, s/n, 08760 Martorell (Barcelona).

Lote 3: Izasa, S.A.

R/ Aragón, 90, 08015 Barcelona.

Lote 4: Sendal, S.A.

R/ Gran Vía Seat, s/n, 08760 Martorell (Barcelona).

c) Nacionalidades.

d) Importe total adxudicado: 115.249.861 pesetas (692.655,62 euros).

Lote 1: 13.402.285 pesetas (80.549,36 euros).

Lote 2: 85.468.176 pesetas (513.674,09 euros).

Lote 3: 15.181.000 pesetas (91.239,65 euros).

Lote 4: 1.198.400 pesetas (7.202.53 euros).

A Coruña, 22 de xuño de 2001.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña