Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, da asistencia técnica para a realización dos traballos de tramitación e control de expedientes do canon de saneamento, 2001- 2003.

1. Nome, enderezo, teléfono e telefax do poder adxudicador:

Organismo autónomo Augas de Galicia.

Praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

15781 Santiago de Compostela - A Coruña (España).

Teléfono: 981 54 45 51.

Telefax: 981 54 16 76.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida:

Concurso con procedemento aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación:

Clave: OH.088.173/AT.

Asistencia técnica para a realización dos traballos de tramitación e control de expedientes do canon de saneamento, 2001-2003.

Orzamento: 130.882.516 pesetas (cento trinta millóns oitocentas oitenta e dúas mil cincocentas dezaseis pesetas, equivalente a 786.619,764 euros).

3. Lugar de execución:

Comunidade Autónoma de Galicia.

4. a), b), c) Cualificación profesional do persoal responsable:

É a indicada no punto 5 do prego de prescricións técnicas particulares.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate:

Non existe posibilidade.

6. Variantes:

Os licitadores poderán presentar, ademais, se o estiman conveniente, unha variante ou alternativa, de acordo co indicado no punto 2.1.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 4 do prego de prescricións técnicas particulares.

7. Prazo de execución do contrato:

24 meses.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente:

Organismo autónomo Augas de Galicia. Praza Camilo Díaz Valiño, s/n. Santiago de Compostela - A Coruña (España).

Teléfono: 981 54 45 51.

Así mesmo, tambén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion

b) Data límite para presentación de proposicións:

25 de setembro de 2001, ás 12 horas.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das plicas:

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura:

Sala de xuntas de Augas de Galicia, día 9 de outubro de 2001, ás 10 horas.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Fianza e garantías esixidas:

Fianza provisional: dous por cento (2%) do orzamento base de licitación (2.617.650 pesetas, equivalente a 15.732,393 euros).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de adxudicación.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes:

O pagamento efectuarase por certificación mensual aprobada polo presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, obténdose a súa contía a partir da aplicación dos prezos unitarios ás unidades de obra realmente executadas.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato:

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas, segundo o texto refundido da Lei de

contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

13. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

Tres meses conforme o artigo 89 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria:

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, letra a), e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo I, subgrupo 1, categoría C, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

17. Data de envío do anuncio:

31 de xullo de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

31 de xullo de 2001.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia