Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 2 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador OU-007/2001P e catro máis en materia de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes snacionadores por infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e ó seu regulamento aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 2091-0388 -90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza da presente resolución. Para

efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que les serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 2 de xullo de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Precepto infrinxido

e precepto sancionador

Sanción

OU-007/01PAlejandro Salgado García

44465772

r/ Rosalía de Castro, 26-2º

Verín (Ourense)

Pescar sen licencia aínda sendo titular delaLei pesca fluvial Galicia 7/1992, Art. 33.1º5.000 ptas.

OU-009/01PSantiago Álvarez González

34990815-H

r/ Manuel Martínez Sueiro, 4-1ºB

Ourense

Pescar en luns non festivo, día inhábil para a pescaLei pesca fluvial Galicia 7/1992, Art. 34.8º50.001 ptas., retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano

OU-013/01PJuan Carlos Pérez Suárez

34960274-K

Nicomedes Pastor Díaz, nº 1-4º esqu.

Ourense

Pescar empregando un cebo non permitido (culleriña) polo anexo V, apartado 2 da Orde do 24 de xaneiro de 2000Lei pesca fluvial Galicia 7/1992, Art. 34.1450.001 ptas., retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano

OU-020/01PJosé González Prieto

34951528

Progreso, nº 29-5º

Ourense

Pescar no encoro de Salas en época de vedaLei pesca fluvial Galicia 7/1992, Art. 34.8º50.001 ptas., retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano

OU-026/01PAntonio Cobelas Martínez

34514961

Lg. San Paio, 87

Ribadavia (Ourense)

Pescar en época de vedaLei pesca fluvial Galicia 7/1992, Art. 34.8º50.001 ptas., retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano