Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico Pena Ventosa. (Expediente 078-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental

para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública, por solicitude da empresa Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico Pena Ventosa.

Peticionario: Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. avd. do Castiñeiriño, 12-3º, 15702 Santiago de Compostela.

Situación: concellos do Vicedo, Viveiro e Ourol (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.606.000,00; 4.836.000,00), V(0.609.000,00; 4.836.000,00)

V(0.610.000,00; 4.833.000,00), V(0.608.500,00; 4.829.000,00)

V(0.605.000,00; 4.825.500,00), V(0.604.000,00; 4.825.500,00)

V(0.603.250,00; 4.830.500,00), V(0.604.500,00; 4.833.000,00)

V(0.606.000,00; 4.834.000,00).

Características técnicas do parque eólico:

-Número de aeroxeradores: 74.

-Potencia nominal unitaria: 660 kW.

-Potencia total instalada: 48,84 mW.

-Tipo de aeroxerador: MADE AE-46/I.

-Producción neta anual estimada: 118.193 mWH/ano.

-Orzamento total: 4.926.002.400 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-74 aeroxeradores tipo MADE AE-46/I de 660 kW de potencia nominal unitaria.

-74 centros de transformación de 700 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente no interior da torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión soterradas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 30/ 132 kV.

-Subestación transformadora 30/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico Pena Ventosa, composta por dous transformadores principais 30/132 kV de 37/50 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal unitaria e un transformador para servicios

auxiliares 30/0,4 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

O que se fai público para coñecemento xeral, para que se poida examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que se consideren oportunas a este, nesta delegación provincial sita no Edificio Administrativo Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo, no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte á última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Pena Ventosa, poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e concellos do Vicedo, Viveiro e Ourol, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Lugo, 5 de xullo de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo