Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2001, da Delegación Provicial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 106/2000).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así coma a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sequeiro (Narón).

Liñas eléctricas aéreas de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56:

-De 870 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 16 da liña que alimenta o C.T. Igrexa e final no C.T. Sequeiro, que se vai instalar.

-De 1.440 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 77 da liña que alimenta o C.T. Vilallonte e final no C.T. Bidueiro que se vai instalar.

Centros de transformación tipo intemperie, sobre apoios de formigón, de 100 kVA e tensións de 15/20 kV/0,380-0,220 kV en Sequeiro e Vilallonte. Rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con condutor R.Z. de 960 m de lonxitude que parte do C.T. Sequeiro e discorre polo lugar do mesmo nome, no termo municipal de Narón.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados. Publicáronse no DOG do 28 de xuño de 2000 e no BOP do 12 de xuño, no xornal La Voz de Galicia do 8 de xuño e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Narón ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Así mesmo comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non dárense as condicións previstas no artigo 57.B da devandita lei e artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autoriza e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública, que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 19 de xuño de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña