En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública, por solicitude da empresa Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., as instalacións que a continuación se describen:
Obxecto de información pública:
-Estudio ambiental.
-Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico Serra das Penas.
Peticionario: Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. avd. do Castiñeiriño, 12-3º, 15702 Santiago de Compostela.
Situación: Concello de Paradela (Lugo).
Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):
V(0.614.000,00; 4.738.000,00), V(0.617.000,00; 4.738.000,00)
V(0.620.600,00; 4.727.000,00), V(0.615.000,00; 4.731.150,00)
V(0.612.900,00; 4.735.800,00).
Características técnicas do parque eólico:
-Número de aeroxeradores: 44.
-Potencia nominal unitaria: 660 kW.
-Potencia total instalada: 29,04 mW.
-Tipo de aeroxerador: MADE AE-46/I.
-Producción neta anual estimada: 72.019 mWH/ano.
-Orzamento total: 2.792.494.626 pesetas.
Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:
-44 aeroxeradores tipo MADE AE-46/I de 660 kW de potencia nominal unitaria.
-44 centros de transformación de 700 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente no interior da torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.
-Liñas de media tensión soterradas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 30/132 kV, do veciño parque eólico de Penas Altas.
O que se fai público para coñecemento xeral, para que se poida examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que se consideren oportunas a este, nesta delegación provincial sita no Edificio Administrativo Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo, no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte á última publicación deste anuncio.
Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Serra das Penas, poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e Concello de Paradela, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Lugo, 6 de xullo de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo