Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a execución das obras de adecuación do contorno do mosteiro cisterciense de Santa María de Meira (Lugo).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano. 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 01-12-MEIR.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adecuación do contorno do mosteiro cisterciense de Santa María de Meira (Lugo).

b) Lugar de execución: Meira (Lugo).

c) Prazo de execución (meses): seis (6) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: sesenta millóns oitocentas noventa mil setecentas setenta (60.890.770) pesetas, equivalentes a 365.960,90 euros.

5. Garantías:

Provisional: esixirase unha fianza provisional (dispensada a quen acredite a clasificación requirida. O. Ministerio de Economía e Facenda do 11-4-1996), dun millón duascentas dezasete mil oitocentas quince (1.217.815) pesetas (7.319,22 euros).

Definitiva: esixirase unha fianza definitiva de dous millóns catrocentas trinta e cinco mil seiscentas trinta e unha (2.435.631) pesetas (14.638,44 euros).

6. Obtención de documentación e información:

6.1. Obtención de documentación:

a) Copynino: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2 (15701 Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono: 981 58 89 38.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a seis mil oitocentas cincuenta e cinco (6.855) pesetas (41,20 euros) (IVE incluído).

6.2. Obtención de información:

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Teléfono: 981 54 43 82/981 54 43 71.

d) Telefax: 981 54 43 43/981 54 53 35.

e) Data límite de obtención de documentos e información:

Vixésimo sexto día contado a partir daquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación:

Grupo C); subgrupo 6; categoría c).

Grupo I); subgrupo 1; categoría c).

b) Outros requisitos: datos referentes á situación do empresario, así como ás condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista:

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: vixésimo sexto día contado a partir daquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano. 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

d) Admisión de variantes (concurso): ver punto 2.1.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

Acto público, na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela (A Coruña), ás 10 horas do décimo día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións:

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos do anuncio:

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: htt://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=665.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda