Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661A 01/6-1).

Para os efectos previstos no artigo 11º do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 136), sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eólica del Noroeste, S.L.

Domicilio social: r/ Fontán, nº 1, porta A, 15004 A Coruña.

Denominación: parque eólico da Valiña.

Municipio afectado: As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Coordenadas:

V: (X=599.047; Y=4.816.456) V: (X=598.373; Y=4.813.784)

V: (X=599.237; Y=4.816.394) V: (X=597.593; Y=4.814.435)

V: (X=599.675; Y=4.815.933) V: (X=598.012; Y=4.815.225)

V: (X=599.309; Y=4.813.797) V: (X=598.913; Y=4.816.043)

Potencia que se vai instalar: 7,2 mW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 19 de xullo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña