Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (modificación de tráficos e das condicións de explotación) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada Vigo-Gondomar-Fornelos (O Rosal), con anexos: V-7047; XG-421.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación concesional (modificación de tráficos e das condicións de explotación) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7047; XG-421, Vigo-Gondomar-Fornelos (O Rosal), con anexos, da titularidade da empresa Viajes Melytour S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes