Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7023; XG-397, da titularidade de Transportes La Unión, S.A.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expe

diente de modificación concesional (ampliación de tráficos), da concesión V-7023; XG-397, da titularidade da empresa Transporte La Union S.A., consistente na ampliación de itinerario e tráficos para a realización dos servicios seguintes:

-A Toxa-Sanxenxo-Santiago de Compostela.

-Moaña-Cangas-Santiago de Compostela.

-Moaña-CUVI.

-Bueu-Aldán-CUVI.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente nos Servicios Provinciais de Transportes de Pontevedra e A Coruña (estación de autobuses), efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes