Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001 pola que se convoca concurso público aberto de tramitación ordinaria, para a contratación dunha asistencia técnica para a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito as seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

c) Nº de Referencia: 2001-04-1258.

2. Obxeto do contrato.

a) Descrición do obxecto.

O obxecto deste contrato é o desenvolvemento do programa Carteira Tecnolóxica 2001, que ten por finalidade dar cobertura ás universidades do Sistema Universitario Galego e organismos dependentes do CSIC radicados en Galicia no proceso de detección e definición de tecnoloxías para á súa transferencia ó mercado, a partir dunha metodoloxía axeitada para tal proceso.

b) Prazo de execución: os traballos obxecto do contrato realizaranse por fases sendo os prazos de execución os seguintes:

Fase preliminar: constitución do equipo de traballo e establecemento dos mecanismos de coordinación entre os distintos participantes. Sesión formativa sobre a metodoloxía para 10 persoas, é dicir, dous de cada OTRI máis dous da Secretaría Xeral de I+D.

Fase 1: entrevistas coas OTRIS das universidades e da delegación en Galicia do CSIC, así como con investigadores para detecta-las tecnoloxías que poderían acollerse a este programa. O resultado desta fase debe consistir na identificación de polo menos 25 tecnoloxías.

Os traballos correspondentes á fase preliminar e fase 1, deberán estar concluídos o 10 de decembro de 2001.

Fase 2: análise das 25 tecnoloxías detectadas na fase anterior.

Fase 3: selección de, polo menos, 8 tecnoloxías entre as previamente analizadas, que despois da aplicación da metodoloxía se consideren con potencial de comercialización.

Fase 4: elaboración dos materiais comerciais correspondentes ás 8 tecnoloxías que foron seleccionadas.

Os traballos correspondentes ás fases 2, 3, e 4 deberán estar rematados o 31 de maio de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: o orzamento máximo autorizado ascende a nove millóns cincocentas mil pesetas (9.500.000 pesetas, 59.096 euros) IVE incluído, dos que catro millóns cincocentas mil pesetas (4.500.000 pesetas, 27.046 euros) corresponden á anualidade do ano 2001 e cinco millóns de pesetas (5.000.000 de pesetas, 32.050 euros) á anualidade do ano 2002.

5. Garantía provisoria.

A garantía provisoria por un importe equivalente ó 2% do orzamento de licitación ascende a cento noventa mil pesetas (190.000 pesetas).

Obtención de documentación e información: poderán retirala no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/54 10 88.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en horario de 9 a 14 horas, ou ben na forma prevista no TRLCAAPP.

9. Apertura de ofertas.

Realizarase o undécimo día habil seguinte ó de finalización de presentación de proposicións, as 12 horas nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento; no caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio, será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2001.

(P.D. Orde 22-2-1999)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento