Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.676

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2001, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para cubrir mediante o nomeamento de persoal interino 2 postos de traballo do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de Sistemas e Tecnoloxías da Información, vacantes nos servicios dependentes das consellerías de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e Medio Ambiente, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de setembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 190, do 29 de setembro) pola que se acorda eleva-la proposta dos aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tuvo lugar o día 18 de xullo de 2001 polo tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para acobertura de 2 postos de traballo do grupo A, Escala de Sistemas e Tecnoloxías da Información, convocado pola orde da Consellería de Presidencia e Administración Pública de 12 de setembro de 2000 (DOG nº 190, do 29 de setembro) acordouse, de conformidade coa base sétima da dita convocatoria eleva-la proposta dos aspirantes que superaron o proceso ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

A orde de puntuación dos aspirantes estableceuse coa suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios nos que consistían as probas selectivas, que é o que figura como anexo a esta resolución.

A partir da dita publicación no DOG, os aspirantes seleccionados disporán do prazo de 10 días naturais para presentar na Dirección Xeral da Función Pública os documentos sinalados na base sétima da orde da convocatoria do 12 de setembro de 2000.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Consellería da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes segundo se establece no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2001.

Ignacio José Otero López

Presidente do tribunal

ANEXO

DNI: 50808878

Apelidos e nome: Gómez Apeteguia, José Manuel.

Primeiro exercicio: 17.12.

Segundo exercicio: 30.40.

Terceiro exercicio: apto.

Puntuación total: 47.52.

DNI: 34914813.

Apelidos e nome: Barros Leboreiro, Jaime.

Primeiro exercicio: 15.30.

Segundo exercicio: 24.80.

Terceiro exercicio: apto.

Puntuación total: 40.10.