Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.676

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001 pola que se modifica a composición do tribunal número 1 que deberá xulga-las probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Instituto Galego de Promoción Económica (persoal técnico).

Por Resolución do 9 de xullo 2001 (DOG nº 137, do 16 de xullo), foron nomeados os tribunais que deberán xulga-las probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Igape, mediante promoción interna e acceso libre, figurando no tribunal nº 1 entre os vocais titulares, Jesus A. Balado Ferreiro e entre os vocais suplentes José Manuel Bugallo Rivas e Juan Feijoo Casanova.

Como consecuencia da baixa por enfermidade de Jesus A. Balado Ferreiro, e as abstencións dos membros suplentes José Manuel Bugallo Rivas e Juan Feijoo Casanova, procede nomear un novo vocal titular e dous suplentes, en substitución dos anteriores, e por iso,

RESOLVO:

Modifica-la Resolución do 9 de xullo de 2001 e nomear vocal titular do tribunal nº 1 a Ana Mª González Montenegro, en substitución de Jesús A. Balado Ferreiro, e nomear coma vocais suplentes a María Jesús Álvarez Ferreiro, en substitución de José Manuel Bugallo Rivas, e a Miguel Fidalgo Iglesias, en substitución de Juan Feijoo Casanova.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica