Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (260/2001).

Anúnciase que o Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 1 de xuño de 2001 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno acordou, por unanimidade, aprobar definitivamente o estudio de detalle da parcela

M do sector A-6 do PXOU de Ourense, por pedimento de José Guede Cid, en representación de Promociones, Obras y Construcciones Betán, S.L.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 14 de xuño de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente