Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

En cumprimento co disposto no artigo 93 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contrato das administracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:

3. Entidade adxudicadora:

A) Organismo: Concello de Ourense.

B) Dependencia que tramita o expediente: negociado de vías.

C) Número de expediente: expte. nº 1080/2000.

6. Obxecto do contrato:

A) Descrición do obxecto: concurso de anteproxectos para a construcción dun novo edificio da policía local.

B) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP nº 297, do 29 de decembro de 2000 e DOG nº 14, do 19 de xaneiro de 2001.

5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

A) Tramitación: ordinaria.

B) Procedemento: concurso con intervención de xurado.

C) Forma: concurso.

6. Adxudicación:

A) Data: 31 de maio de 2001.

B) 1 premio: lema «Blues»: un premio de 1.000.000 de pesetas (6.010,12 euros), que se considera un adianto sobre o prezo do contrato de asistencia técnica de redacción do proxecto, que ascende a un total 5.800.000 pesetas (34.858,70 euros).

C) Un accésit de 500.000 pesetas (3.005,06 euros) para «Atalaya 092».

D) Un accésit de 500.000 pesetas (3.005,06 euros) para «Olombo».

Ourense, 11 de xuño de 2001.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde