1. Entidade adxudicadora:
1.1. Organismo: Concello de Ourense.
1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: área de infraestructuras, negociado de vías.
1.3. Número de expediente: ref. 1397.
2. Obxecto do contrato:
2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación
do proxecto de alargamento de beirarrúas e renovación de pavimentos e servicios da rúa Samuel Eiján.
2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do planeamento e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 120 días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: poxa.
4. Orzamento base da licitación:
4.1. Importe total: 22.327.141 pesetas (134.188,82 euros) IVE incluído.
5. Fianzas:
5.1. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.
6. Obtención da documentación e información:
6.1. Entidade: área de infraestructuras, negociado de vías.
6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.
6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.
6.4. Teléfono: 988 38 81 33.
7. Requisitos:
7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade, e que teñan a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
8.1. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.
8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 5, do prego de cláusulas administrativas.
8.3. Lugar de presentación: no Rexistro Xeral do Concello, sito na praza Maior, 1.
8.4. Localidade: Ourense.
8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas:
9.1. Entidade: Concello de Ourense.
9.2. Enderezo: praza Maior, 1.
9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas.
10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.
11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.
Ourense, 21 de xuño de 2001.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde